María Xesús Blanco. A Rosalía gústalle moito evocar o entroido da súa infancia. Aquel olor a filloas acabadas de facer coa auga do cocido na casa da avoa paterna. E o ruído do vento coándose polas fendas das portas de madeira. Lembra ben aquelas interminables tardes de inverno. Que frío ía fóra! E tamén dentro! Seguir lendo Filloas
Todolos artigos de: cafebarbantia
¿Hai librarías en Nixeria?
Francisco Ant. Vidal Blanco. É unha condición propia de camanduleiros pensar que todos os pobres son analfabetos, que os oficios teñen categoría en relación ó salario percibido ou que todos os inferiores son xente sen alma. Unha actitude tan arcaica que máis ben parece propia do pensamento de Juan Ginés de Sepúlveda Seguir lendo ¿Hai librarías en Nixeria?
Lago Rosa
Xerardo AgraFoxo. Baixei ata o embarcadoiro, onde había unhas cadeiras de vimbio e uns parasoles ao redor dunha cafetaría. O tempo era excelente e a panorámica fermosa. Dende aquel miradoiro contemplaba toda a superficie do lago, coas piraguas fedellando nas augas e as mulleres atendendo os seus postos de artesanía. Seguir lendo Lago Rosa
Cu cu rru cu cu, filosofía
X. Ricardo Losada. Hai unha pregunta que me fago moitas veces. Como é posible que despois de estudar Filosofía e ler autores como Nietzsche ou Wittgenstein con enorme pracer me gusten series como Dous homes e medio, tan vulgares? Hai meses escribín neste mesmo café unha serie de artigos sobre cus, cacas e cagarrías que me produciron un gran pracer, como escritor e como lector. Seguir lendo Cu cu rru cu cu, filosofía