Lago Rosa

9aXerardo AgraFoxo. Baixei ata o embarcadoiro, onde había unhas cadeiras de vimbio e uns parasoles ao redor dunha cafetaría. O tempo era excelente e a panorámica fermosa. Dende aquel miradoiro contemplaba toda a superficie do lago, coas piraguas fedellando nas augas e as mulleres atendendo os seus postos de artesanía. Ás beiras da estrada había casas illadas, un colexio requintado, varias dependencias oficiais e granxas privadas. Apenas había sombras, pero a calor era aturable porque sopraba unha airexa suave. Algúns coches pararon para levarme, pero preferín camiñar ata as primeiras casas que vían no horizonte.

Niaga Wolof só era unha recta ateigada de tendas animadas, unha mesquita cunha sala de oración cativa e un mercado onde vendían produtos variados. 9bNalgúns recantos da vila, baixo as sombras máis espesas das ceibas e os mangos, as mulleres ofrecían pescado fresco. Nas portas das vivendas situábanse as mozas que exhibían pezas de quincalla confeccionadas coas súas mans.

Despois de conseguir dous xornais, un vello levoume ata un pendello escuro, cheo de rapaces que seguían sen pestanexar unha serie de televisión, onde me fixeron un bocadillo de polo, mesturado con pementos vermellos e patacas fritidas. No camiño de regreso vin unha rapazas e entrei no colexio que vira na ida e comprobei que as súas instalacións eran as mellores que visitara en Senegal.

3 comentarios en “Lago Rosa

  1. Ya veo que no te cansas y haces bien, sólo los aburridos se aburren.
    Bicos desde Palmeira hasta la capital del reino donde te encuentras.

  2. Admirada Magdalena: Toda viaxe é unha aventura onde o màis importante “ é ver as cousas como son e non como somos nós”. Bicos dende Madrid, onde me atopo neste intre, Xerardo

  3. Buenos días, Xerardo: encantada de participar contigo en ese espléndido viaje por lo bien que lo has descrito. Me ha encantado ver las fotografías de esas niñas y muchachas -por cierto muy guapas todas ellas- tan arregladas y con cara de felicidad.
    Seguro que lo recordarás toda la vida, incluyendo también el bocadillo de pollo con pimientos rojos y patatas fritas.
    Esperando un nuevo capítulo, besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *