Román Arén. Baroja é, para case todos, un gran novelista, o autor de La busca ou de Zalacaín el aventurero, pero foi tamén autor de bos contos (Vidas sombrías, 1900), antisemita, biógrafo e poeta, si, poeta, autor de Canciones del suburbio que, eu confésoo agora, lin sempre con pracer. Poesía grotesca, popular e expresionista, pero non “castiza”, pois os arrabaldes, a miseria están para Madrid e para París. Non tiña boa opinión dos curas, das moscas, de moitos vascos e dos galegos. (¡Qué gente! Casares Quiroga no tiene siquiera la malicia y la suspicacia del aldeano gallego”). “Los portugueses y gallegos, roñosos y disciplinados y un tanto serviles”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIX. Pío Baroja
Todolos artigos de: cafebarbantia
Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras
Gonzalo Trasbach. Un golpe de sorte levoume até unha información sobre unha cantante norteamericana totalmente desco-ñecida para min, pero tamén para moitos mitómanos musicais, pois non só pasou desapercibida no seu tempo, senón que no 1974 abandonou a súa residencia cara ningures e dende aquela ninguén volveu saber nada dela, polo menos ata agora. Descubro unha noticia sobre a publicación dun disco e póñome a buscar información: Elisabeth Eaton, nomeada como Connie Converse, naceu en New Hampshire (USA) un día do mes de agosto de 1924. Seguir lendo Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras
Palabras ao ventimperio
X. Ricardo Losada. O mesmo día que morreu Isidro Novo lin un artigo seu titulado Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio no que fala dun proxecto da AELG que se dedica a recoller palabras que viven en Galicia sen que os dicionarios lles dean acollida. Escribín este texto, como homenaxe a tan fermosa iniciativa, recordando ese capítulo de Rayuela que Cortázar escribiu con palabras inventadas pero que se entende perfectamente. Seguir lendo Palabras ao ventimperio
Iwel
Xerardo AgraFoxo. A aldea estaba agochada entre un cordal de montes. Os seus habitantes pertencían á etnia bedik, unha das tres que habitaban no triángulo comprendido entre a chaira de Niokolo Koba e a fronteira guineana, un abeiro moi acaído para refuxiarse das bestas salvaxes e as incursións dos escravistas que actuaban coma voitres. Seguir lendo Iwel