Román Arén. Cernuda rematou por ocupar un lugar central na poesía española do século XX, mais non sempre foi así e non hai máis que lembrar a frouxa, e ás veces negativa, recepción que obtivo o seu primeiro libro, ao que acusaban de depender en exceso de Jorge Guillén. Ás veces, cando pensamos en Cernuda facémolo como poeta amoroso, o poeta dos amores e praceres prohibidos, ou no poeta elexíaco e mesmo no poeta da nostalxia de España no desterro. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXI. Luis Cernuda
Todolos artigos de: cafebarbantia
Memoria histórica: Campo das laudas
Pilar Sampedro. Hai uns meses asistín a unha das sesións do XI Seminario sobre Memoria Histórica de Nova Escola Galega. Unha actividade de formación do profesorado que leva tempo poñendo a mirada sobre os tempos da represión franquista e sacando á luz historias que ficaban na escuridade e o silencio. Seguir lendo Memoria histórica: Campo das laudas
Premonición
Marina Losada Vicente. Saio do piso con Arturo, o veciño do terceiro, na cabeza. Baixo as escaleiras pensando no previsibles que chegamos a ser. Todos os días, sobre a unha da tarde, sinto algunha bucina a todo dar. Sei de sobra o que pasa, mais teño que asomarme á venta e velo cos meus propios ollos. Arturo deixou o coche atrancando a saída do aparcadoiro. Quedan cinco, seis, oito minutos de bucina. Sae do bar, borra os restos de escuma coa man e, cun sorriso de superheroe perdoa vidas Seguir lendo Premonición
Xénese da palabra
Fidel Vidal. O navío da matéria,de António Ramos Rosa (Espiral Maior, 1994), velaí onde nace o verbo. Porque a xénese da palabra non está no home, fundado por ela. Tampouco agroma do ollal nin do espello, é na inclinación da opacidade onde a fenda -cavidade ficticia- se produce, vertendo todo canto recolle: a orixe da palabra reside na materia. Que a palavra sexa o puro sopro/ que aniquila e simplifica o rosto (p.67). Comeza na terra húmida, no espertar da mesma pola caricia quente do sol, ou na auga limpa, desfacéndose entre croios rio abaixo, ou no bater na rompente percebeira. Seguir lendo Xénese da palabra