Todolos artigos de: cafebarbantia

Lixo no santuario

Matalobos

Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Un día, San Patricio, para demostrar o malo que era vivir en pecado e o tremendo castigo que iso implicaba, fixo un pozo e retou a todos os presentes a baixar para ver como era o inferno. Pero, por se algún atrevido sentía a curiosidade de entrar con intención de desmentir a predicación do bispo, tamén os advertiu de que quen baixase posiblemente non volvería a subir endexamais. Continue reading Lixo no santuario

O futuro do desarraigamento

pexels-photo-346885X. Ricardo Losada. A escritora Susan Sontang, muller dunha grande intelixencia e coraxe moral, é unha desas persoas das que aprendes moito, mesmo cando non coincides con ela, tanto a nivel ideolóxico como vital. Por exemplo cando afirma: “Non teño ningún lugar onde volver, pasei a vida escapando”. Dicíao, entre outras cousas, porque tivo unha infancia moi desarraigada, vivindo en moitos lugares distintos Continue reading O futuro do desarraigamento

Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana

descargaRomán Arén. Nacido en Lisboa en 1582, o conde de Villamediana pertence á primeira xeración poética do século XVII, a carón de Quevedo, Rioja ou Carrillo Sotomayor. Logrou como poeta sintetizar as diversas correntes que conflúen no Século de Ouro: petrarquismo neoplatónico, sátira brutal, elexía funeral… Famoso na lenda polo seu asesinato e os seus amores frustrados, faleceu o domingo 21 de agosto de 1622. Moi lido no seu tempo, as súas obras editáronse en 1629, 1634, 1635, 1643, 1644 e 1648, esquecido logo dous séculos, no XIX espertou de novo interese, pero a súa obra reimprimiuse só chegado o século XX. Continue reading Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVI. O conde de Villamediana

Na agarda doutros cidadáns bos e xenerosos

Fraguas-biografiaPilar Sampedro. Case damos por rematado o ano Fraguas despois do 17 de maio ou cando se escolle o próximo homenaxeado, pero o ano só acaba o 31 de decembro e cómpre seguir falando do emperador da humildade. Denomínoo así, porque cando se convida a Manuel Vilar (case na véspera de ser nomeado director do Museo do Pobo Galego) a dar unha conferencia sobre quen fora presidente desta entidade Continue reading Na agarda doutros cidadáns bos e xenerosos