Román Arén. Alberte Pagán, director de cine, dramaturgo, tradutor e poeta, é un home das marxes, da marabillosa pluralidade do mundo, e de aí o multilingüísmo deste poemario Prosopagnosia, que autoeditou a fins de 2013. Unha obra nacida dunha viaxe a Alexandría, unha homenaxe a Cavafis, mais unha homenaxe agochada e libre, lonxe da solemnidade académica; pero o abraio xorde desa unión entre vangarda poética, elementos cultos e manifesto político. Home viaxeiro, defensor das causas xustas, anticapitalista, pero sen sectarismo, en defensa da diversidade lingüística que o leva a incluír ducias de linguas diferentes na súa poética. Seguir lendo “Prosopagnosia”. Compromiso e vangarda. O mito da alma
Arquivo da categoría: Poesía
Sesquicentenario de «Cantares gallegos», Revista Casa da Gramática

Román Arén. Nas lembranzas que mereceu o 150 aniversario da saída do prelo, en Vigo, do libro fundador da literatura galega contemporánea, Cantares gallegos, amálgama perfecta de cultura popular e alta cultura literaria, hai que destacar o número de xullo do 2013 de Casa da gramática, a revista noiesa que é xa, un dos fitos culturais da bisbarra. Inclúe sempre o especial Papel de color, recordo da xuvenil iniciativa do Cunqueiro de preguerra, con colaboracións non só do alumnado do Instituto de Ensino Secundario Virxe do Mar, senón de escritor@s de noso e de toda Galicia. Seguir lendo Sesquicentenario de «Cantares gallegos», Revista Casa da Gramática
Ellis Island, de Georges Perec, en galego
Román Arén. Son as pequenas editoriais como Franouren as que nos ofrecen a miúdo os luxos que toda cultura debe ter. Sen desprezar a opinión dos que sosteñen que unha política axeitada de traducións ao galego debería facerse seguindo un plano polo miúdo, que evitaría as duplicidades ou traducións desacertadas, eu teño aprecio tamén polas iniciativas máis modestas que hoxe van tendo presenza entre nós. Creo que dan unha frescura, un gozo por perderse no barco, unha mirada ás marxes que enriquece o noso sistema literario, pero que, sobre todo, nos enriquece como lectores e como persoas. Georges Perec (1936-1982) é ben famoso como narrador, como autor de Les choses, traducida ao galego por Gonzalo Navaza, e por A vida, instrucións de uso, ou por O condottiero, Seguir lendo Ellis Island, de Georges Perec, en galego