Arquivo da categoría: Poesía

Olga Novo, perdoa se che digo…

9788416721245_1_2Gonzalo Trasbach. O infinito conmóveme e vivo na túa morte/ a ledicia de non perderte/ para sempre/ mentres a herba medre…

1. Que me perdoe Olga Novo. Que me perdoe se digo que… me parece que o nacemento da súa filla está na orixe deste Feliz Idade, pero tamén o está a morte do seu pai…

2. Que me perdoe se digo que… un tamén chorou ás agochadas sobre algúns dos poemas deste libro que visitei varias veces Seguir lendo Olga Novo, perdoa se che digo…

Xela Arias ía en serio

25971236Fidel Vidal. No seu mellor momento creativo, e meses antes da súa desaparición aos 41 anos de idade, a editorial Espiral Maior saca a luz a súa derradeira obra: Intempéirome. Desde o comezo, con Demasiado equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990) e un agasallo ao seu fillo en Darío no diario (1996), na poética de Xela hai unha constante chamada á rebeldía, unha loita por saír ao aire libre, por romper coa represión e a claustrofobia ao que nos somete “o espazo asfixiante e limitador” imposto pola sociedade. Seguir lendo Xela Arias ía en serio

A desvértebra

descargaRomán Arén. Lonxe queda xa o ano 1987, cando Ana Romaní publicou Palabra de mar, o seu primeiro poemario, de temática amorosa e cheo de símbolos, que logo iría depurando. Entre Das últimas mareas (1994) e Arden (1988) a súa poética faise máis sutil, máis aforística, co mar sempre presente, cun gran peso do feminismo e xa do metaliterario. O paso do tempo, a simboloxía marítima, a poesía como coñecemento. E despois, de Love me tender (2005) a Estremas (2010) foi, a súa poesía facéndose máis densa, foi creando un territorio máis complexo, con forte carga da ironía e irreverencia, que chega agora ao seu cumio en A desvértebra (2020), no que «aquí todo é memoria que esquece / po de algo que nun tempo amamos». Seguir lendo A desvértebra