Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXX. Polo de Medina

PoloDMedina copiaRomán Arén. Salvador Jacinto Polo de Medina (1603-1676), foi grande admirador de Francisco de Quevedo, quen inflúe de maneira decisiva na súa poesía xocosa e satírica. Natural de Murcia, cara a 1630 publicou Las Academias del jardín y el Buen Amor de las Musas, pero é coñecido, sobre todo, pola fábula mitolóxico-burlesca “Apolo y Dafne” (1634). Era sacerdote e foi secretario do bispo de Lugo, supomos que na Corte, pois non consta que coñecera Galicia. Cando fala de nós, fala de oídas e polo prexuízo que se nos ten na capital do Estado, pois os galegos, pobres, exercen os máis humildes oficios. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXX. Polo de Medina

Viaxe na procura dun sentido ontolóxico

Cuberta_XVI_Premio_Poesía_AfundaciónRomán Arén. É xa moi firme a traxectoria poética de Gonzalo Hermo, quen, tras Crac e Celebración, edita agora A vida salvaxe, pero o fío que vencella as anteriores entregas segue aínda presente nesta busca do sentido da vida e do paso do tempo que a configura. Unha viaxe a través da escrita na procura dun sentido ontolóxico que é, asemade, persoal e universal. Mais ese transcorrer da vida humana non está só perante o tempo, está tamén a carón da natureza, noutro tempo, antigo e eterno a un tempo. O poemario descoloca o lector ao comezar polo epílogo, que apunta coma unha frecha o sentido profundo do libro: a escoita do atemporal, que, non obstante, se mestura coas experiencias biográficas do eu lírico e coas etapas da Humanidade. Seguir lendo Viaxe na procura dun sentido ontolóxico

Joan Margarit

315LhkbtBSL._BO1,204,203,200_Fidel Vidal. Toda dor é un recordo da nosa elevada condición” (Novalis). A morte dun fillo é moito máis ca un trauma, é unha insoportable amputación. Algo inesquecible. Que significa iso de superar unha morte e sobre todo a dun fillo? Estamos ante unha perda insalvable. Peor ou mellor, vívese coa pena. Porque toda perda significativa devén en depresión, en tristeza e dó, en opresión interior que nos leva ao abandono acompañado dun sentimento de culpa sen ser culpables de nada. A sublimación como defensa é quen de aliviar a tensión e a rabia anoadas na alma mediante a descarga creativa. Seguir lendo Joan Margarit

Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXIX. Ximénez de Sandoval, falanxista

FXS7 H.Román Arén. Madrileño de 1903, o adxectivo falanxista non sería para Felipe Ximénez de Sandoval, avogado e diplomático, unha inxuria. Militante de Falanxe Española dende 1934, compañeiro e biógrafo de José Antonio, foi na preguerra un autor vangardista de mérito en novelas como Tres mujeres más Equis (1930), en pezas teatrais como Robinsón (1928) e Bacarrat (1933) e nas colaboracións en revistas como <Meseta>, <Mediodía> e <La Gaceta Literaria>. Antes da guerra civil aínda publicou outra novela, Los nueve puñales (1936), pastiche romántico, nunha liña narrativa que seguirá outro falanxista, Jacinto Miquelerena, en Don Adolfo el libertino. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXIX. Ximénez de Sandoval, falanxista