Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXV. Un ultraísta: Tomás Luque

58119445Román Arén. Foi o ultraísmo a primeira vangarda española organizada, con centros en Madrid e Sevilla, pero con presenza noutras ciudades como Oviedo ou Valladolid. Unha vangarda sintética: expresionismo, futurismo, cubismo, creacionismo, dadaísmo. Unha ruptura co Modernismo, aínda que moitos dos ultraístas tiña esa orixe e conviviron co postsimbolismo. Un movemento no que Rafel Cansinos-Assens e Guillermo de Torre, eran as figuras dominantes, pero no que tiveron un papel importante galegos como Eugenio Montes, Xavier Bóveda, Ramón Goy de Silva, Juan Vidal Martínez ou Emilio Mosteiro, mais tamén con sinaturas máis ocasionais, como foi o caso de Vicente Risco ou Valle-Inclán. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXV. Un ultraísta: Tomás Luque

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIV. Un anarquista canta a Rosalía

agrazRomán Arén. En 1985 Xesús Alonso Montero incluíu na súa Coroa poética para Rosalía de Castro un interesante poema, “Galicia mártir”, publicado na revista <CNT> número 745, o 11 de novembro de 1937, o ano do centenario do nacemento da poeta, e dá o texto como anónimo. Xa en 2004 Alonso, na obra Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004) (Vigo, Xerais), fornécenos o dato da autoría do texto, Antonio Agraz, e, baseándose en Serge Salaün, indícanos que foi o poeta libertario da guerra, detido en 1939, condenado a doce anos de cárcere e que morreu no Hospital Provincial de Madrid en 1959. Salaün inclúeo no Romancero de la guerra de España 1. Romancero libertario (1971). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIV. Un anarquista canta a Rosalía

Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida

Imaxe de Carballo CaleroPilar Sampedro. Non homenaxear a don Ricardo era rebaixar a Real Academia Galega, era falar de vinganza porque alguén non lle podía perdoar algo, era falar de medo porque alguén o temía aínda despois de morto. Cando iso pasa, hai que preocuparse. Eu non vou falar dos seus méritos, veranse unha e outra vez ao longo do ano, a ninguén se lle ocorreu ata o de agora negalo pola falta de valía Seguir lendo Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla

rojas zorrillaRomán Arén. Nacido en 1607, é famoso polos dramas en que trata o tema do honor como Del rey abajo, ninguno (1640), pero tamén por comedias como Entre bobos anda el juego (1637); polos autos sacramentais, polos dramas relixiosos como La viña de Nabot; escribiu máis de setenta pezas. Toledano, de orixe conversa, morreu en Madrid en 1648. En 1645, malia as orixes xudías, logrou ser Cabaleiro de Santiago. Na súa peza El catalán de Serrallonga y bando de Barcelona (ca. 1635) ironiza sobre a falta de lealdade dos galegos, no diálogo entre Serrallonga e o “gracioso” Alcaraván:

Serrallonga: ¿Tendrás ánimo? Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla