Román Arén. Gustavo Sánchez Galarraga naceu na Habana en 1892 e aos catorce anos publicou o seu primeiro poema e xa non parou ata o ano da súa norte, en 1934, pois publicou trinta e dous poemarios, entre os que destacan La fuente matinal (1915), Lámpara votiva (1917), La barca sonora (1917), Copos de sueño (1918), Excelsior (1919), Camionero de la vida (1920), La copa amarga (1920), Cromos callejeros (1920), Glosas del camino (1920), Música triste (1920), Flores de agua (1921), Senderos de luna (1924), Las espinas del rosal (1927)… Ademais foi dramaturgo (Teatro, 1918-1929, nove tomos), crítico teatral (El arte teatral en Cuba, 1916), autor de aforismos e de zarzuelas musicadas por Lecuona. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI
Arquivo da categoría: Poesía
Campo aberto, de César Souto Vilanova
Román Arén. Tómolle un verso prestado ao noiés César Souto Vilanova (1975) de Campo aberto, e fágoo, quizais por considerar que contén unha palabra chave na obra, vento, aquilo que move as cousas dese campo aberto, que están, pero sobre as que actúa o único deus imparcial, o Tempo. César Souto é xornalista e director de longametraxes como Os días afogados, pero tamén bo poeta (Sucesos, 2004. Tambo) inda que con pouco eco crítico. É a súa unha poética realista, reflexiva, metapoética, que atende á linguaxe, pero sobre a que actúa o tempo, porque “só un dominio do vento”, ese “aire ceibo” que “percorre a tarde”, dota o eu lírico dunha embazada saudade ante “tanto oco arredor / das partillas do vento”. Seguir lendo Campo aberto, de César Souto Vilanova
Galicia e os galegos na poesía castelá CXX. Na defensa de Madrid
Román Arén. A defensa de Madrid é a que o pobo madrileño fixo na guerra civil fronte ao asedio de Franco. Poucos acontecementos históricos xeraron tanta poesía, xa que non foron só os poetas “profesionais” (Cernuda, Aleixandre, Machado, Vallejo, Auden, Brecht, Hikmed…) senón tamén os soldados, os sindicalistas, os cidadáns os que cantaron a prol da República, fundamentalmente a través do romance. Contamos xa con moitas compilacións desa poesía (en inglés, francés, catalán, castelán) feitas por Serge Salaün, Puccini, Pereda Valdés, Alberti, J. E G. Colomer, Valentine Cunningham, Hernando… Eu manexo agora Capital de la gloria. Poemas de la defensa de Madrid (2006) de Jesús García Sánchez Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXX. Na defensa de Madrid
Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño
Román Arén. O camiño de Santiago, a peregrinación, está moi presente na literatura europea (e mesmo máis aló), pero, como é lóxico, está moito máis evidente na poesía castelá, xa dende a Idade Media, e o Romanceiro amósao ben claramente. O problema do “romanceiro galego” é difícil e motivo de controversia, que eu evito, xa que acollo romances non recollidos entre nós. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño