Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. José Antonio de Balbontín

poetaesp.joseantoniobalbontinRomán Arén. Foi Balbontín un dos escritores españois máis prexudicados polo exilio, que cortou a súa carreira de político e xornalista de esquerdas, sempre próximo ao pobo, mesmo na súa poesía na que destacan InquietudesI (1925) e Romancero del pueblo (1931). López Abiada editou unha Antología poética (1910-1975) do autor en 1983, o que facilitou o coñecemento do escritor entre os lectores actuais. Nacera o madrileño Balbontín en 1893 e tras a guerra exiliouse en Londres, aínda que volveu a España, para morrer na súa cidade natal en 1977. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. José Antonio de Balbontín

Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. Un ECO: Roque Nieto Peña

img_0007Román Arén. No libro Galicia vista por los no gallegos (1974) ofrece Alonso Montero o fragmento dun poema de Roque Nieto Peña sobre o noso país: Galicia secular que en piedra talla/la ruta de Santiago/de célticas saudades…

Tomouno da obra Retorno de Ariel, publicado en San Juan de Porto Rico en 1968, do que sería lóxico concluír que é un poeta hispanoamericano. Ausente dos repertorios que consultei, das datas de Internet deducín que é un poeta da Xeración do 36, que naceu en España e que desenvolve a súa obra en América. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CIX. Un ECO: Roque Nieto Peña

Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo

107191839Román Arén. Hai un certo número de poetas, autóctonos e foráneos en xeral de raíz católica, que identifican Galicia co Apóstolo Santiago, non só patrón de Galicia, xa que é o patrón de España e de moitas parroquias, mesmo en América. Algúns destes poetas logran ata non citar a Galicia, aínda que sobreentendan que gabar o Apóstolo Iago é gabarnos a nós. O máis famoso dos poemas ao patrón é o de frei Luis de León, pero houbo varios tamén no século XX. Elixo un que apareceu na revista galega <Gelmírez> en 1946 e que esta editou nun “encarte”, “Galopada de tercetos al Señor Santiago”, do rioxano de Haro Antonio de Zubiaurre (1916) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo

A + A, de Ricardo de Barreiro

O Andel. ImaxeEme Cartea. Os amores son ou non son… amestrados! Velaí. E logo, se a resposta é si, podemos vestir os soños de bolboretas de papel a toda cor interpretadas a catro mans e cun único bater de ás.

A + A, “unha viaxe aero-náutica a través da tinta e da palabra”. Pero tamén das linguas varias e dos pentagramas, sonoros, calados, por terra, aire e mar. Un mar autodidacta e atormentado que busca a “illa descoñecida” onde repousar, non vogar contra vento e marea. Seguir lendo A + A, de Ricardo de Barreiro