Román Arén. Que pouco sabemos da literatura venezolana os lectores comúns. Se nos sacan dun vago recordo de Rufino Blanco Fombona e de Las lanzas coloradas de A. Uslar-Pietri, pouco máis sabemos; o que vén amosar que escribir nunha lingua de centos de millóns de usuarios non garante maior difusión. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CV. Unha poeta venezolana: Enriqueta Terán
Arquivo da categoría: Poesía
Corga da Fecha
Xosé Manuel Lobato. Cor outonal navegando sobre a Corga, variedade que acouga no repouso desa furia de espectacular fermosura que é a ruxidoira. Dobregar ante o ruxir dun regato que goza dunha das mellores vistas para gozar o mimo do feitizo natura, espírito que deambula e sintoniza co son único da Fecha. Viveza no verde turquesa, nese remanso de repouso para todo ente cromático de caducas amarelas, lilas, marróns, pardos e variados verdes murchos nunha mestura de cores sen par. Seguir lendo Corga da Fecha
Paraíso
Agustín Agra. Eu, que descoñezo tantas cousas deste e doutros mundos e descreo de outras tantas, acredito na efémera existencia dos pequenos paraísos. Alguén a quen aprecio, fantasía con que este fique onde a casa dos avós e que, por forza, a lingua do paraíso ha de ser a que falan os seus pais. Na súa procura, teima en atopalo sempre entre dous ríos: entre o Eufrates e o Tigris, na linde metafórica dos desertos; no universo acuático da Amazonia ou no ensanguentado do Congo e o Zambeze; ao que nunca se retorna, entre o Ganxes e o Iamuna, ou o da eterna mutación entre as tres gorxas do Yan-Tze e o río das Pérolas. Seguir lendo Paraíso
Galicia e os galegos na poesía castelá CIV. Ángel García López
Román Arén. Ángel García López naceu en Rota en 1935 e comezou a súa prolífica andaina de poeta en 1963 con Emilia es la canción, volume ao que seguiron Tierra de nadie (1968), A flor de piel (1970), Volver a Uleila (1971), Elegía en Astarot (1973), que foi Premio Nacional de Literatura, Retrato respirable en un desván (1974), Mester Andalusí (1978), co que gañou o Premio da Crítica Española, Auto de fe (1979) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CIV. Ángel García López