Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIX. Juan de Salinas

715X58RySRLRomán Arén. O sevillano Juan Salinas de Castro (1559-1642) non debe ser confundido co conde de Salinas, bo poeta, Diego de Silva e Mendoza (1564-1630). Juan de Salinas, que nalgunhas fontes dáse por morto en 1643, era sacerdote, viviu nun tempo en Italia e foi cóengo en Segovia, aínda que, cando herdou pouco antes de morrer, deixou o cargo e volve a Sevilla. Entre 1647 e 1650 editáronse as súas poesías, que foron reeditadas na súa cidade natal en 1869. Estudara en Salamanca, onde adquiriu o gusto pola poesía. Figura en varias escolmas, entre elas a de José Manuel Blecua (Castalia, 1984; 2017), sobre todo polos seus romances xeralmente humorísticos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIX. Juan de Salinas

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVIII. Vagos ecos no duque de Rivas

04-angel_de_saavedra_duque_de_rivas_sRomán Arén. O duque de Rivas, Ángel Saavedra Ramírez de Baquedano (1791-1865), cordobés, é unha das figuras salientables do Romanticismo español, tan serodio, pero pervive pola peza teatral Don Álvaro o la fuerza del sino (1835), aínda representada en 1983 e reeditada sempre, e por algúns dos seus romances históricos nas antoloxías. Menéndez Pelayo, con sutileza, dicía que o seu talento era fundamentalmente o dun narrador, quer na poesía, quer no teatro. Non ía de todo desencamiñado, pois domina ben os elementos narrativos. Tamén foi poeta lírico, primeiramente entre o neoclasicismo e o rococó, e logo vagamente romántico en poemas como “O faro de Malta”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVIII. Vagos ecos no duque de Rivas

Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués

O Andel. Murmurius_de_ausentesFidel Vidal. O comezo da obra de Xabier L. Marqués (Murmurios (de) ausentes, coidada edición a cargo de Pastor Rodríguez, 2021), desde o seu primeiro verso fainos axustar o dial para non perder palabra: Tería que ser a vida tan interesante como se nos dixo? (p. 5). Mais, por seguir o protocolo -proto-colo, resumo pegado con cola como primeira páxina-, vén ao caso partir do verdadeiro principio, quer dicir, da mesma portada, do título que o autor lle dá a este libro. Murmurio, do latín murmurare, “dise da corrente das augas e tamén do vento, das follas”, “son brando e pracenteiro”. Murmurios, coa s tachada. Murmurar tamén significa falar mal de alguén. Aí estamos: Ti, si, ti: aquel que sabe por que bisbaban tras da porta do salón todo ángulo escuro. Ás toas. Seguir lendo Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués

Jesús Faustino Rañó Rodríguez, amor á terra dende Montevideo

O Escritor. CantigasPastor Rodríguez. Aínda que nado en Compostela en 1919, era orixinario de Rianxo e, na aldea de Brión, Leiro, pasou parte da súa nenez. Nunca a esqueceu. É grazas á rianxeira Raquel García Abuín, que se encargou de editar a súa poesía, Cantigas de aquén e alén mar, no ano 2015, nos Cadernos de Literatura Popular, por quen sabemos as vivencias deste emigrante. Dada a miseria na que vivían, súa nai marchou para Uruguai, e en 1930, dende Vigo, fóronse tamén J. Faustino e os seus avós. En Montevideo durmiron tres meses na rúa, pois non eran quen de caber onde vivía a súa familia; isto provocou a volta do avó só para Galicia de novo. Traballou dende rapaz nos oficios máis diversos, pero rematou por ser ebanista e aprenderlles a outros o oficio. Seguir lendo Jesús Faustino Rañó Rodríguez, amor á terra dende Montevideo