Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá XCII. Lorca, sempre Lorca (II)

2012111801110132436Román Arén. Atopa, Lorca, afinidades entre o galego e o andaluz, o xitano. Algunhas afirmacións de Lorca quizais alporicen a algúns: “Español por encima de todo y de todos, y después amante fervoroso de cuanto tienen de personal y característico las regiones”. Coméntalle Lence a Lorca aque aínda non lle dixo nada das súas poesías galegas (estamos en 1933) e resposta Lorca: “¿Mis poesías gallegas? ¿El Romancero gitano? ¿Bodas de sangre? ¿Poemas del cante jondo? ¿Dónde estarán esos libros? Tengo la vaga idea de que algunos se editaron una vez, otros nunca. Pero no se apure usted: los llevo en la memoria… entonces me dedicaré a editar mis obras, y el mejor poema gallego se lo dedicaré a usted, que estanto como ofrecérselo a todos los coterráneos, ¿estamos?” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCII. Lorca, sempre Lorca (II)

Galicia e os galegos na poesía castelá XCII. Lorca, sempre Lorca (I)

Seis poemas galegosRomán Arén. Lorca, Federico (tivo un irmán tamén poeta, Francisco), é un dos grandes poetas da lingua castelá e como tal xera unha bibliografía enorme. Hai anos que non lía toda a súa poesía, cousa que remato de facer agora con Diván del Tamarit, que se considera a súa derradeira obra poética, que non se publicou completa ata 1938 en Bos Aires, da man do cuñado de Borges, Guilermo de Torre. Eu manexo agora a edición de Cátedra (2018), a cargo de Pepa Merlo, que xa coñecía pola súa antoloxía Peces en la tierra. Antología de mujeres poetas en torno a la Generación del 27 (Sevilla, 2010) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCII. Lorca, sempre Lorca (I)

Pedro Garfias

image006-1Fidel Vidal. En 1967 morría en Monterrey (México) o poeta español Pedro Garfias. “Os seus restos están enterrados nesa capital baixo unha lápida que, ademais do seu nome e as datas de nacemento e morte, reproduce os dous primeiros versos dun poema escrito nunha `servilleta de bar’, encontrada no seu cuarto: La soledad que uno busca/ no se llama soledad;/ soledad es el vacío/ que a uno le hacen los demás. Fixen caso de Pedro Garfías, poeta que navegou polo ultraísmo, ao ler o seu nome da man de Auxilio Lacouture na novela Os detectives salvaxes de Roberto Bolaño (Anagrama, 1998) Seguir lendo Pedro Garfias

Galicia e os galegos na poesía castelá XC. O Arcipreste de Hita

1531Román Arén. Está Galicia no Libro de Buen Amor do Arcipreste de Hita? Pois si, e xa o sinalaron Filgueira e Xosé María Álvarez Blázquez, este último en Crónica rimada de Baiona e o seu amor, editada en 2008, pero que foi na orixe unha conferencia de 1964. Aí sinala que na “Pelea que ovo don Carnal con la Quaresma” está a nosa Baiona. Por que Baiona? Pois polos seus cazóns, que superan ás perdices e aos capóns: Ay andaba el atún como un bravo león,/falloso con don Tobino, díxole mucho baldón,/si non por doña Ceçina que l’desvió el pendón,/diéronl’a don Ladrón por medio del coraçón./De parte de Bayona veníen muchos caçones,/mataron las perdiçes, castraron los capones.

Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XC. O Arcipreste de Hita