Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVI. Miguel de Barrios

MIGUELBARRIOSRomán Arén. Non é moi ampla a nómina de escritores españois xudeus entre a expulsión de 1492 e o século XIX. Os que se poden citar son conversos como Fernando de Rojas ou Tareixa de Xesús. Xa no século XX aparecen algúns nomes, produto de orixe estranxeira que asumiron a condición de españois: Máximo J. Kahn ou Max Aub. Outros, como Bleiberg, eran de liñaxe xudía, aínda que naceran en España, como tamén é o caso de Cansinos-Assens. Un caso diferente foi no século XVII, o de Miguel Barrios, que tivo que refuxiarse en Amsterdam e que tiña por nome verdadeiro o de David Levi. Foi bo poeta e está de novo nalgunhas antoloxías. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVI. Miguel de Barrios

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández

md22458578043Román Arén. Pouca presenza ten Galicia na poesía de Miguel Hernández (1910-1942), o autor de Perito en lunas (1933) e El rayo que no cesa (1936), preso polo franquismo e morto no cárcere. Membro do PCE, converteuse nun poeta cívico en Viento del pueblo (1937) e aí, nese libro, é onde aparecen os galegos:

…extremeños de centeno, / gallegos de lluvia y calma, / catalanes de firmeza…

Pero Hernández foi, ademais de dramaturgo, xornalista na guerra civil e aí, na obra periodística, está a loita da guerrilla galega Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIV. O arxentino García Saraví

SARAVIRomán Arén. Non é moi coñecida entre nós a poesía de Gustavo García Saraví (La Plata, 1920), malia que en 1981 se editase as Obras completas en España (Madrid, Empeño), a cargo de Sara Parkinson de Saz. Membro da xeración dos 40, a de Olga Orozco, Enrique Molina e Aldo Pellegrini, foi poeta a quen gabou Jorge Luis Borges, que prologou Del amor y otros desconsuelo (1968), a que agradaba probablemente o seu “arxentinismo”, manifestado, sobre todo, nos poemarios Con la patria adentro y otros poemas (1964) e Cómo se canta a la patria (1979). Comezou a súa andaina poética en 1955 e Luis Seoane e Arturo Cuadrado editáronlle en 1958 Los sonetos, en Botella al Mar. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIV. O arxentino García Saraví