Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXII. Diego San José

Diego_San_Jose_de_la_TorreRomán Arén. Diego San José de la Torre (Madrid, 1885) foi un xornalista e narrador moi popular en España dende 1908, cando comezou a colaborar en <El Globo>. A crítica sempre lle recoñeceu gran capacidade “casticista” para recrear o Madrid dos séculos XVI, XVII e XVIII, con algunha incursión no XIX. Tiña axilidade narrativa, sentido histórico e imitava unha lingua “clásica” con moito decoro. Teño isto por certo, aínda que só lle lin unha novela, Cuando el motín de las culpas, mercada nun mercadiño, que é de 1919. outras novelas súas son Doña Constanza (1914), La corte del rey embrujado (1923), Una pica en Flandes (1925) e outra ducia de novelas, ademais de máis de sesenta novelas curtas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXII. Diego San José

Alén dos Barqueiros

anxomuin-os-ulin_1Oliveira Casal. Ás voltas anda no prelo a editorial cántabra Fanes coa primeira novela de Anxo Muíños. Hai un par de anos lemos con deleite literario e ideolóxico “Ulin”, poemario iniciático do autor de Taragoña en edición bilingüe. O personaxe protagonista, Ingemar Westterstrom, non dubida en iniciar unha singradura espiritual e física, de coñecemento e aventura, que o vai vir traendo da Grande Canle do río Gota ás beiras do Teixo. Só tiña saído de Suecia para achegarse ao encontro cos xitanos do mar, os mariñeiros galegos. Seguir lendo Alén dos Barqueiros

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXI. José García Nieto

garcia-nietoRomán Arén. José García Nieto (1914-2001) ten a desgraza de ser identificado só como poeta neoclásico, o representante por excelencia da revista <Garcilaso> e un poeta frío e formalista, pero a súa extensa obra, sempre de gran corrección, é máis ca iso, con máis matices, pero aínda así lese pouco e mal. Asturiano, membro da RAE en 1983, o seu legado literario consérvase en Padrón. Comezou como poeta con Víspera hacia ti (1940) e Tú y yo sobre la tierra (1944), para nos cincuenta editar Tregua (1951) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXI. José García Nieto

Unha estreliña forxada na irmandá (I)

Imaxe para café barbantia. IPilar Sampedro. “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá e quero ver brilar a lus d´esa estreliña hasta chegar cegar. Que vexan os demais n´esa estreliña a lus da libertá, que vexan que o tesouro máis querido o ten o seu brilar. Estreliña feituca de cariños, estrela do meu lar, que sempre te levei como reliquia de Terra, Dios e Nai, xa te deixo prendida no meu fillo por sempre endexamais”. Seguir lendo Unha estreliña forxada na irmandá (I)