Román Arén. O sevillano Adriano del Valle (1895-1957) foi un dos poetas de Franco, un poeta que comezou no ultraísmo na revista <Grecia> tras ser modernista e logo facerse surrealista, para acabar en neobarroco. Autor de caligramas e collages, amigo de Lorca e de Borges, escribiu hai-kus, tratou a Pessoa e a Cunqueiro. O seu primeiro libro foi Primavera portátil (1934), e xa en 1940 editou Los gozos del río, que prologou o galego Eugenio Montes, mentres en 1941 apareceu Arpa fiel; en 1971 aparece Obra póstuma e en 1977 Obra poética. Foi colaborador da revista galega <Alfar>, coñeceu Galicia e non escasean os temas galegos na súa obra. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXX. Adriano del Valle
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIX. Pío Baroja
Román Arén. Baroja é, para case todos, un gran novelista, o autor de La busca ou de Zalacaín el aventurero, pero foi tamén autor de bos contos (Vidas sombrías, 1900), antisemita, biógrafo e poeta, si, poeta, autor de Canciones del suburbio que, eu confésoo agora, lin sempre con pracer. Poesía grotesca, popular e expresionista, pero non “castiza”, pois os arrabaldes, a miseria están para Madrid e para París. Non tiña boa opinión dos curas, das moscas, de moitos vascos e dos galegos. (¡Qué gente! Casares Quiroga no tiene siquiera la malicia y la suspicacia del aldeano gallego”). “Los portugueses y gallegos, roñosos y disciplinados y un tanto serviles”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIX. Pío Baroja
Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador
Pastor Rodríguez. Natural de Taragoña e técnico cultural no seu municipio natal, Fernando Lavandeira é, sobre todo, un poeta, aínda que cultive outros xéneros como a narrativa. Estudante de bacharelato en Pontevedra, fixo logo estudos de Antropoloxía social, didáctica ocupacional e educación social. Deuse a coñecer como poeta con Mar que evita o meu regreso (2000), obra á que seguiron Tempo é de que saiban (2006) e Poemas (2007), unha antoloxía trilingüe da súa poesía editada pola Depaul University de Chicago, dividida en dúas partes: Supoñamos e Como se o tempo fora, unha poesía conceptual de gran contención e pureza expresiva. Seguir lendo Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador
Se pedra na brétema, fraxilidade do existir
Román Arén. Ramón Blanco (Outes, 1979) vén de consolidar a traxectoria poética –que iniciara con Orfeu en soños no ano 2005 co premio Eusebio Lorenzo Baleirón de Poesía 2016– con este poemario editado por Chan da Pólvora. Se o título é indicativo do contido e do ton da obra, un resumo das súas tensións principais, o lector sente a tentación de identificar o símbolo pedra coa firmeza, coa afouteza, coa seguridade; a brétema identificámola co impreciso, coa inseguridade, coa tristeza, co pathos, coa fraxilidade do existir. E xusto o campo semántico da brétema e os seus sinónimos (néboa, bruma, nebra) é o que domina a obra, o que dá conta, dun xeito depurado, da nosa febleza, da dificultade de expresar o que somos, tempo que esvara (“Era un froito / agre na boca / a palabra”). Seguir lendo Se pedra na brétema, fraxilidade do existir