Galicia e os galegos na poesía castelá LXXX. Adriano del Valle

fot_adv_texto_introductorioRomán Arén. O sevillano Adriano del Valle (1895-1957) foi un dos poetas de Franco, un poeta que comezou no ultraísmo na revista <Grecia> tras ser modernista e logo facerse surrealista, para acabar en neobarroco. Autor de caligramas e collages, amigo de Lorca e de Borges, escribiu hai-kus, tratou a Pessoa e a Cunqueiro. O seu primeiro libro foi Primavera portátil (1934), e xa en 1940 editou Los gozos del río, que prologou o galego Eugenio Montes, mentres en 1941 apareceu Arpa fiel; en 1971 aparece Obra póstuma e en 1977 Obra poética. Foi colaborador da revista galega <Alfar>, coñeceu Galicia e non escasean os temas galegos na súa obra. Velaí un poema que Alonso seleccionou para a súa colectánea de 1974:

El Noroeste, húmedo, se abría/ sobre una hirsuta piel -táurica Iberia-/ y en la abreviada, memorosa ría,/ sus rebaños bañaba Celtiberia…/ Verdes prados y rías verdeazules/ avecinando bueyes y marisco,/ los astilleros con los abedules,/ anclas, cangrejos, hórreos y lentiscos. Pomaradas anfibias por sus frutos…/ la bajamar varando las almejas…/ Viento foral cobrando sus tributos/ a gaviotas, pólenes y abejas.

Álvaro Cunqueiro dedicoulle o artigo “Galicia e Santiago na poesía de Adriano del Valle”, e lembrou varias veces algúns dos seus versos (“las húsares libélulas del viento”). Pero quizais a súa mellor páxina galega sexa o poema que en 1923 dedicou “A Eugenio Montes” e que foi compilado no volume Obra poética de 1977:

Eugenio Montes, mozo gaitero,/ que traes orbayo de tu páis,/ parvo repique sobre un pandero,/ vientos forales sobre el maíz;/ vientos que soplan nubes rosadas,/ nubes que llevan múltiple fol, entre Castilla y el mar infladas bajo el mojado brazo del sol…/ Tus vacas rumian trébol y cielo/ ante el establo primaveral;/ tu lluvia irisa su contrapelo,/ tu brisa es peine de azul cristal./ Luna, molinos. Vierten su estela,/ de flor de harina, las Tres Marías;/ brota el camino de Compostela/ sobre bordones de romerías./ Eugenio Montes, así es tu prosa;/ parcela de aire tierno y sutil;/ das la mazorca junto a la rosa, / oro y estrellas lleva tu Sil…

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Poesía, Román Arén. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>