Tetraparesia espástica distónica

53507967Fidel Vidal. Só escoitar o nome da diagnose, tetraparesia espástica distónica, produce arrepío. Foi o que saíu da boca dunha fisioterapeuta o día que Paolo ía comezar o tratamento. Todo aconteceu por culpa dun parto distócico. O risco máis grave era a anoxia, que podía causar unha parálise cerebral. “Unha cesárea? -O seu xinecólogo non quere. É contrario ás cesáreas”(páx. 15). Como se unha intervención cirúrxica fose un partido político co que se pode estar a favor ou en contra e non unha estrita indicación médica. Despois xa era demasiado tarde. Diso, e de moitas outras vivencias e acertadas reflexións, vai a novela Nacido dúas veces, de Giuseppe Pontiggia (Salamandra, 2002), cunha dedicatoria que reza: Aos discapacitados que loitan non por seren normais, senón eles mesmos.

Novela galardoada co máis prestixioso premio de Italia, o Super Campiello 2001, relata, de forma valente, a relación paradoxal paternofilial, na que o pai (un profesor) acaba sendo educado pola sinceridade do seu fillo que padece unha discapacidade física. O día que subiron por unhas escaleiras metálicas dunha área comercial, no terceiro andar Paolo caeu ao chan e o seu pai axudouno a erguerse. “Unha pequena multitude, ollos de curiosidade estupefacta, formou un oco arredor noso e apártase para deixarnos pasar”. Paolo en pé. “Avanza balanceándose como un mariñeiro borracho. Non, como un paralítico cerebral”. “Virouse para me dicir con voz entrecortada: “Se che dá vergonza, camiña a distancia. Non te preocupes por min”. (páx. 13)

Cando alguén utiliza como epíteto de desprezo “espasmódico” ou “mongólico”, seguro que ninguén da súa familia o é. “As desgrazas, entre outros moitos efectos, teñen algúns lingüísticos inmediatos: fannos sensibles ao léxico que se refire ao problema”. Hai quen se pregunta por que “cego” transformouse en “invidente” e “xordo” en “persoa con disfuncións auditivas”. “Quizais”, responde o pai narrador, “unha explicación plausible é que “cego” define irreparablemente unha persoa, mentres que “invidente” circunscríbese á ausencia dunha función”. (páx. 90)

26306Despois dunha visita ao seu avó paterno con demencia, Paolo comenta co seu pai: “Ti tamén serás así? -Non o sei –dígolle, rindo. Pero non é tan improbable como pensaba. E Paolo, coa súa tétrica ousadía (é algo que nos compensa de tantas cousas a el e a min), engade: -O problema é o que me agarda”. (páx. 219)

Algúns recoñéceno e saúdano, e Paolo detense de costas contra o muro, sempre disposto a falar con todo o mundo. “Intúo que algúns trátano como a un neno. Son os mesmos que tratan aos nenos como idiotas e establecen con eles, finalmente, unha relación entre iguais. Paolo pode dicir cousas que eles, probablemente, non saben nin sequera pensar, pero limítase a miralos co seu sorriso tímido mentres se comportan como criaturas”. (páx. 220)

Pasados trinta anos, o pai de Paolo dálle as grazas ao doutor que, tres meses despois do parto, lle revelara a verdade: “Estes nenos nacen dúas veces. Deben aprender a moverse no mundo o que o primeiro nacemento fixo máis difícil. O segundo depende de vós, do que lle saibades dar. Pero, ao final, para vós tamén será un renacemento. Esta é, cando menos, a miña experiencia”. (páx. 30)

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Tetraparesia espástica distónica

  1. Magdalena di:

    No sabes cuánto agradezco siempre tus amables palabras, Fidel, Gracias.
    Te deseo muchísima suerte viernes 16, sé que será un buen libro. Piensa en una buena dedicatoria para tu atenta Magdalena.
    ELLA TE DARÁ DETALLE.
    Besos palmeiráns.

  2. Magdalena di:

    Siempre he pensado que el título de un libro tiene que ser atrayente para el lector, y ciertamente, NACIDO DOS VECES, lo es. Me ha parecido también muy sensata la opinión o parecer del médico a cerca del “segundo nacimiento” de estos muchachos aparentemente débiles pero, con una tenacidad muchas veces mayor que la de una persona “fuerte”.
    El enunciado de la dedicatoria es excelente.
    La anécdota de la visita al abuelo es muy graciosa. Me acordé de mi abuela que su mayor deseo era estar siempre bien peinada. A cada momento aparecía con la toalla por la espalda a modo de peinador y con el cepillo en la mano se sentaba junto a mi máquina para que le hiciera nuevamente el moño. Luego metía fruta en una bolsa y el peine siempre con la fruta, y me decía que la llevase a casa. Salíamos, daba una vuelta con ella y regresábamos al mismo lugar; por un rato se quedaba tranquila. Yo rezaba para que le durase unas horas para poder proseguir mi trabajo. A veces lo conseguía.
    A su hija, ( mi madre ) no la conocía, de mi nombre jamás se olvidó.
    NO DÍ MI DECORO, CEDÍ MI DON.
    Un super Campiello lleno de cariño, Fidel.

    • Fidel Vidal di:

      Moi fermoso o detalle da avoa que insiste en estar ben peiteada, e a importancia dos nomes, de determinados nomes: “Á súa filla (miña nai) non a coñecía, do meu nome xamais se esqueceu”. Perdoa a tradución, Eu, penso que como os demais partipantes nestas Conversas do Café Barbantia, seguro que tampouco o esquecermos, miña atenta Magdalena.
      A SACA NA CASA.
      Saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>