Xerardo AgraFoxo. Este interesante e comprome-tido libro, publicado pola Comisión para a Recupe-ración da Memoria Histórica do Barbanza, comeza cunhas palabras do profesor Xesús Alonso Montero, unhas PALABRAS INTRODUTORIAS onde se explica a natureza da obra: ”Dous republicanos de Ribeira escriben ós seus seres queridos cando sospeitan ou xa teñen a certeza de estaren condenados á morte: José Sieira González e José Lijó Louro, fusilados en Boisaca (Santiago) o 29 de xaneiro de 1939”. Baixo o título DEZ DÍAS DE XULLO EN RIBEIRA, coñecemos os integrantes do Comité de Defensa da República en Ribeira, que serían fusilados uns meses despois. Seguir lendo Letras de morte e liberdade
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXII. Ventura Ruiz Aguilera
Román Arén. Ventura Ruiz Aguilera (1820-1881) estivo moi relacionado con tres das grandes figuras do Rexurdimento galego: Murguía, Rosalía e Curros. Poeta importante no seu tempo, aínda hoxe presente nas antoloxías, foi famoso polos seus Ecos nacionales (1849 e 1854), por Armonías y cantares (1865), pero tamén pola sátira La Arcadia Moderna /1867) e polas Elegías (1862). Foi tamén dramaturgo (Del agua mansa nos libre Dios, 1847) e novelista: El beso de Judas (1860) e El mundo al revés (1865). Outros libros seus de poesía son Libro de las sátiras (1874 e 1884) e Poesías (1880). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXII. Ventura Ruiz Aguilera
O río terapéutico

Xosé Manuel Lobato. Enclave na in-mensidade, terras acordoadas, petoutos formando cordais, desexos de beixos pé-treos coa nube fuxidía. Aquí, percorrendo o Xurés, unha serra invadida e chamus-cada pola ra pirómana, semella un anfibio que dende tempo atrás permanece afec-tada polo andazo AV. Seguir lendo O río terapéutico
Gonzalo Hermo, unha poética anovadora
Pastor Rodríguez. Nacido en Rianxo en 1987, licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola universidade de Santiago de Compostela, en 2011 publicou Crac, que amosaba unha poética anovadora e comprometida e que gañara o Premio Xuventude Crea, da Xunta de Galicia. En 2014 aparece o seu segundo volume poético, Celebración, co que gañou o Premio da Crítica e o Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández. Neste 2017 aparece a tradución do seu segundo volume na editorial madrileña La Bella Varsovia, da man da ourensá Miriam Reyes. Membro fundador da editorial Chan de Pólvora, Lázaro Louzao trasladou a súa poesía ao formato audiovisual. Seguir lendo Gonzalo Hermo, unha poética anovadora