Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castela LXXI. Manuel del Palacio

manuelRomán Arén. Clarín, crítico literario moi temido entre 1880 e 1900, tiña por “bestas negras” na poesía española a Fernández Grilo e a Velarde, pero ademais afirmaba que en España había dous poetas e medio: Núñez de Arce, Campoamor e, o medio, Manuel del Palacio; fácil versificador e ás veces inimigo de si mesmo por esa facilidade. Presente aínda en antoloxías importantes como a de Jorge Urrutia Poesía española del siglo XIX (Madrid, Cátedra, 2008), Palacio nacera en Lleida en 1831, onde seu pai era militar, pero pasou parte da súa infancia en Galicia, na Coruña, onde estudou náutica, comercio e debuxo, ata a súa marcha a Madrid en 1846. foi deportado por política a Porto Rico pero volveu coa Gloriosa en 1868. Cultivou todos os subxéneros poéticos: narrativo, lírico, popular, pero destacou na poesía satírica. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castela LXXI. Manuel del Palacio

Galicia e os galegos na poesía castelá LXX. Salvador Rueda

salvador rueda okRomán Arén. Precursor do Modernismo, prolífico e colorista poeta, autor de novelas que unen naturalismo e modernismo (a mellor La cópula, reeditada hai pouco), ingresou na Real Academia Española en 1926, e publicou preto de corenta poemarios, entre os que debe citarse En tropel (1892), Himno a la carne (1890), Cantos de la vendimia (1891). Outras das súas novelas son La reja (1890) e El gusano de luz (1889). Nacera en 1857 e faleceu en 1933. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXX. Salvador Rueda

A Quiet Passion, de Terence Davis

A-Quiet-PassionXerardo AgraFoxo. Esta é unha película de Terence Davis (Liverpool, 1945), o mesmo  director de The Deep Blue Sea (2011) e Sunset Song (2015), o gran clásico da literatura escocesa. Neste caso conta a historia da gran poetisa norteamericana Emily Dickinson (1830-1886), que, despois dun trauma emocional padecido cando era una cativa, se recluíu na casa dos seus pais en Amherst (Massachusetss), onde viviu coma una refuxiada, retirándose da vida social. A película desenvólvese na súa totalidade ao redor da casa familiar onde se mostrou como unha muller dunha extraordinaria intelixencia e alta sensibilidade, pero tamén unha persoa mordaz e desafortunada. Seguir lendo A Quiet Passion, de Terence Davis

Galicia e os galegos na poesía castelá LXIX. Un bohemio: Emilio Carrere

la-torre-de-los-siete-jorobados-emilio-carrereRomán Arén.  Se alguén simbolizou para moitos a bohemia e foi o seu cantor, ese é Emilio Carrere (1881-1947), poeta e dramagurgo, xornalista e narrador. Uniu o modernismo e decadentismo, formalismo e lumpen. Entre os seus poemarios destaca El caballero de la muerte (1909), Del amor, del dolor y del misterio (1915) e Los ojos de los fantasmas (1920); entre as novelas, algunhas levadas ao cine, cómpre citar La cofradía de la pirueta (1912), La tristeza del burdel (1913) e a policíaca La torre de los siete jorobados (1924). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXIX. Un bohemio: Emilio Carrere