Galicia e os galegos na poesía castelá LXX. Salvador Rueda

salvador rueda okRomán Arén. Precursor do Modernismo, prolífico e colorista poeta, autor de novelas que unen naturalismo e modernismo (a mellor La cópula, reeditada hai pouco), ingresou na Real Academia Española en 1926, e publicou preto de corenta poemarios, entre os que debe citarse En tropel (1892), Himno a la carne (1890), Cantos de la vendimia (1891). Outras das súas novelas son La reja (1890) e El gusano de luz (1889). Nacera en 1857 e faleceu en 1933.

Amigo de Curros Enríquez, á súa morte publicou un tríptico de sonetos co nome do poeta na revista habaneira <Galicia>. Rueda fai fincapé no Curros liberal, no cantor da liberdade, no inimigo da tiranía. Reproduzo só o primeiro destes sonetos, xa que os tres teñen un ton unitario:

Espíritu abrasado de sed de lo infinito,/ alma que ardió inextinta cual traza de incensario;/ llevaste en tus entrañas un buitre solitario/ que retorció tu boca en un eterno grito./ Formó una iglesia fría con aros de granito/ tu congelado culto sin luz y sin sagrario;/ rezaste con blasfemias, grandioso visionario,/ y en versos inmortales quedó tu rezo escrito./Están en tus estrofas cual garfios vengadores,/ colgados como en horca los viles y opresores/ que son de la justicia baldón y vilipendio./Lanzas los trenos más hondos del agrio Jeremías,/ escupes a los cielos las brasas de Isaías/ y tienes en la lengua los filos de un incendio.

O Curros de Salvador Rueda é o da “Igrexa fría”, non o de “A virxe do Cristal”.

Elisardo López Varela reeditou o tríptico en 1998 na súa edición da poesía de Curros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *