Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá LXVIII. Un parnasiano: Núñez de Arce

220px-Núñez_de_ArceRomán Arén.  Se houbo unha figura respectada na poesía española do século XIX, foi Gaspar Núñez de Arce (1834-1903), un formalista rigoroso, considerado hoxe un poeta en exceso retórico, sobre o que é escasa a bibliografía dende 1954, agás o importante artigo de Urrutia “El camino cerrado de Gaspar Núñez de Arce” (1983). Sexa como for, non se pode facer a historia da poesía castelá do século XIX sen o seu libro Gritos de combate (1875). Foi un poeta escéptico, realista e reformista, que non evita os problemas políticos e sociais e que poucas veces é lírico. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXVIII. Un parnasiano: Núñez de Arce

Galicia e os galegos na poesía castelá LXVII. Pedro Antonio de Alarcón

Pedro_Antonio_de_AlarcónRomán Arén.  Na miña adolescencia lera dous libros de Alarcón, El niño de la Bola (que é de 1878) e El sombrero de tres picos (1874), a orixe do ballet de Falla. Están narrados con graza e tensión narrativa, pero o autor foi famoso, ademais, por El escándalo (1875), El capitán Veneno (1881), El final de Norma (1855), La pródiga (1882), é dicir, como narrador, pero foi tamén poeta, autor de libros de viaxes como La Alpujarra (1874), Viajes por España (1883), De Madrid a Nápoles… (1861) e polo Diario de un testigo de la guerra de África (1859). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXVII. Pedro Antonio de Alarcón

Breves como fotos, outro convite de Berger (I)

nordicaFidel Vidal. Dividida en dúas partes que tratan do tempo e do espazo (1/Unha vez, 2/ Aquí), a obra E os nosos rostros, a miña vida, breves como fotos, de John Berger (Blume, 1986), supón, segundo algúns autores, a culminación deste orixinal e comprometido escritor. Entre esperanzadas e profundas reflexións ás que nos convida Berger, onde o mesmo nos ofrece uns poemas seus que analiza a obra de Van Gogh ou de Caravaggio (“Unha noite na cama preguntáchesme polo meu pintor favorito. Dubidei, intentando dar coa resposta menos deliberada, máis sincera. Caravaggio. A miña propia resposta sorprendeume” (páx. 82), ou pregúntase polo amor: “Que é o que me leva a amar?”, “canto tempo significa para sempre?” Seguir lendo Breves como fotos, outro convite de Berger (I)

Ollando no Alén

guadalupeXosé Manuel Lobato. Monstros de auga e vento… Fiel e puntual chega a grande cita de Rianxo, a celebración das súas festas para venerar a virxe da Guadalupe, a icona moreniña destas terras rianxeiras.

Os que non somos nativos, aínda que admiramos con intensidade esta vila mariñeira e as súas xentes, non entendemos un Rianxo que non mire o mar, ese mar cantado por Manuel Antonio que por veces agarima e outras moitas fere con crueza. Tampouco visualizamos nin imaxinamos esta vila sen as festas da Guadalupe. Seguir lendo Ollando no Alén