Román Arén. Francisco Villaespesa (1879-1936) foi un dos poetas españois máis populares nas primeiras décadas do século XX, prolífico e colorista, o modernista por excelencia para o gran público, vítima da súa propia facilidade versificadora e tamén popularísimo en Hispanoamérica. Aínda así, nos nosos días medra o interese pola primeira etapa da súa poesía (publicou máis de corenta poemarios), a máis decadente e modernista: Tristia rerum (1898), La copa del rey de Thule (1900), La musa enferma (1901), El alto de los bohemios (1902) ou Rapsodias (1906). Foi tamén un cultivador do teatro poético (escribiu dezasete obras) con títulos como El alcázar de las perlas, El rey Galaor (1912), Aben-Humeya (1913) ou El burlador de Sevilla (1927). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXVI. Un modernista: Villaespesa
Arquivo da categoría: Poesía
Amor sempre humano
Fidel Vidal. No século XVIII, a nova abadesa do convento de dominicas de Santa Catalina de Prato recoñeceu durante un proceso que, “dado que o noso espírito é libre, só a intención converte unha acción en malvada”. Equiparaba a éxtase mística á cópula dos amantes e descubría a vida eterna e o paraíso neste mundo, na “transubstanciación da unión do home e a muller” –Amada en el amado transformada-. Gozamos a Deus a través do acto, “por medio da cooperación de home e muller”. Concluía: “A actividade á que erradamente chamamos impura é a auténtica pureza; é a pureza que Deus nos ordena e que nós, pola súa vontade, debemos practicar; sen ela non hai camiño para encontrar a Deus, que é a verdade”. (K. Deschner, Historia sexual do Cristianismo). Seguir lendo Amor sempre humano
Galicia e os galegos na poesía castelá. LXV. Frei Luis de León
Román Arén. É Frei Luis de León (Luis Ponce de León), da Orde de Santo Agostiño e de orixe xudía, un dos grandes poetas da lingua castelá, aínda que as súas poesías orixinais sexan unhas trinta. Foi, ademais, gran tradutor, sobre todo do Cantar dos Cantares, prosista destacado con De los nombres de Cristo (1583) e La perfecta casada (1583, fortemente antifeminista), profesor en Salamanca e autor de obras latinas. Nacera en Belmonte en 1527 e falecerá en Madrigal de las Altas Torres en 1591. As súas poesías foron editadas por Quevedo en 1631, e entre elas hai dúas odas a Pedro de Portocarrero. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXV. Frei Luis de León
Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIV. Eduardo Marquina
Román Arén. Eduardo Marquina (1879-1946), nacido en Barcelona, figura importante no seu tempo, foi un dos cataláns de Franco. Coñecido, sobre todo, polo seu teatro histórico en verso con obras como Las hijas del Cid (1908) ou En Flandes se ha puesto el sol (1910), escribiu unhas sesenta obras teatrais, pero o mellor do seu teatro radica nas obras poéticas de ambiente rural como La ermita, la fuente y el río (1927). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIV. Eduardo Marquina