Galicia e os galegos na poesía castelá LXVI. Un modernista: Villaespesa

villaespesa1Román Arén.  Francisco Villaespesa (1879-1936) foi un dos poetas españois máis populares nas primeiras décadas do século XX, prolífico e colorista, o modernista por excelencia para o gran público, vítima da súa propia facilidade versificadora e tamén popularísimo en Hispanoamérica. Aínda así, nos nosos días medra o interese pola primeira etapa da súa poesía (publicou máis de corenta poemarios), a máis decadente e modernista: Tristia rerum (1898), La copa del rey de Thule (1900), La musa enferma (1901), El alto de los bohemios (1902) ou Rapsodias (1906). Foi tamén un cultivador do teatro poético (escribiu dezasete obras) con títulos como El alcázar de las perlas, El rey Galaor (1912), Aben-Humeya (1913) ou El burlador de Sevilla (1927). Non carecen de mérito as súas obras narrativas (case unha vintena), entre as que se pode citar Horas de tedio (1917). Nunha obra tan extensa non falta Galicia e así, no <Boletín de la Real Academia Gallega> en 1920 publica “Canto a Galicia”, ao que pertence este fragmento:

De Galicia, la verde Galicia,/al amor y al ensueño propicia;/la del dulce y suave idioma/que a las almas encanta y aroma/con fragancia de frescos rosales,/con su tibio arrular de paloma/y la miel de sus áureos panales!…/Lenguaje de hidalgos y de campesinos,/de nobles decires y giros traviesos,/que es como un sonoro desgranar de trinos/y como un callado suspirar de besos;/hecho con espumas de los mantiales…

villaespesaA súa visión positiva da lingua galega, só equiparable á que tiveron Lorca, Juan Ramón, Azorín e Carrere, considéraa a nai non só do portugués, senón tamén do castelán:

¡Madre de la austera lengua de Castilla/y de la gloriosa lengua portuguesa!/Manantial de divina harmonía,/donde Curros rimó su tristeza,/y en su rueca de ensueño y poesía/en estrofas de eterna belleza/sus pesares hiló Rosalía!…

O poema escribiuse en 1919 e fago unha corrección a Alonso, donde el pon “zueca” eu poño “rueca” para que teña sentido.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Román Arén. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Galicia e os galegos na poesía castelá LXVI. Un modernista: Villaespesa

  1. Magdalena di:

    Agradecimientos a Lorca, Juan Ramón, Azorín, Carrere y Villaespesa por su favorable punto de vista. Don Alfonso Daniel Castelao también decía: “El gallego es hijo del latín, hermano del castellano y padre del portugués.
    Saludos cariñosos palmeiráns, Román.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>