Fidel Vidal. A éxtase, o arroubo, é unha forma especial de alienación. Un xeito singular de estar e ser fóra dun mesmo sen saír de min. Se os demais son quen de me conferiren determinadas calidades, incluso facendo unha descrición do meu carácter que eu non recoñezo como tal, sexa como for, están referíndose a min, e eu sabendo que “son eu” de quen falan (como un outro). Ese eu incompatible co eu que teño que ser, tamén son eu, pero –esténdese Sartre- metamorfoseado por un medio novo e adaptado a ese medio: “É un ser, o meu ser, pero con dimensións de ser e modalidades enteiramente novas Seguir lendo A chama ardente: éxtase e gozo místico
Arquivo da categoría: Poesía
1917
Miguel Mariño. Ano duro para a literatura galega o de 1917, no que desaparece a derradeira gran figura do Rexurdimento, Eduardo Pondal, o autor de Queixumes dos pinos (1886), que deixaba sen editar Os Eoas, o poema épico que Galicia non editaría ata moitos anos despois. Un poeta no que confluían as raíces prerrománticas do “falso” Ossian, os inicios románticos, o coidado da forma propia do Parnasianismo e moitos riscos simbolistas, para configurar unha voz personalísima, complexa e visionaria. Este ano do centenario da súa morte é unha grande ocasión para volver sobre un dos nosos grandes clásicos. O xornal <La Voz de Galicia> puxo á venda, por un prezo simbólico, a edición facsímile de Queixumes dos pinos, o <Boletín> último da RAG contén varios traballos interesantes sobre Pondal e ata a ONCE lle dedicou o cupón do 9 de marzo. Seguir lendo 1917
Do alborexar atemporal
Xosé Manuel Lobato. 6 horas 22 minutos 37 segundos… Superado o solsticio de verán e a acostumada preguiza, como cada amencer do 24 de xuño, seguindo a tradición dos meus antepasados procuro ansioso o cumio do Pico Sacro. Máxima excitación agardando ese intre, breve máis intenso, único sen par, só para soñar e gozar do solnolento bailar. Seguir lendo Do alborexar atemporal
Noite escura de amor
Fidel Vidal. As augas e a noite son os símbolos centrais na obra de san Juan de la Cruz: ambos son paralelos ou constitúen –no dicir de J.A. Valente-, en rigor, un só símbolo. A noite xera a alba e as augas a transparencia: son a experiencia do fondo, “da inmersión abisal, que é a xestación dun novo nacemento”. Sendo neno frei Juan cae nunha lagoa e é salvado por “unha señora moi fermosa” que lle pedía a man alongándolle a súa, e el non lla quería dar “por non a lixar”. Seguir lendo Noite escura de amor