Agustín Agra. Maldito. Esquizofrénico. Politoxicómano. Dipsómano. Autodestrutivo. Apocalíptico. Transgresor. Excéntrico. Performático de si mesmo. Señor das boutades. Arlequín. Dandi. Sórdido. Disruptor. Provocador. Paranoico. Lucido sempre. Lúcido, como só os esquizofrénicos poden selo. Tolo por decisión, por vocación. Explorador no límite. Especulador da loucura. Sosias de Antonin Artaud. Seguir lendo Finis Coronat opus
Arquivo da categoría: Poesía
Pessoa, persa
Román Arén. Cantas almas tivo Pessoa? A súa almoeda é interminable, case infinita, cada ano aparecen marabillas novas. Eu agora teño na man un libro español da editorial bilbaína El gallo de Oro, Rubaiyat (Canciones para beber, 2015), no que Beñat Anginzoniz selecciona e traduce unha escolla dos Rubaiyat pessoanos, a partir da edición crítica de 2008 do poeta portugués, en edición de Maria Aliete Galhoz. O bo desta edición é que, como debe ser, é bilingüe. A tradución é xeitosa, con algún que outro erro. A antóloga di no prólogo que a condición de anflófono de Pessoa o levou a coñecer a famosísima versión inglesa que o escritor británico Edward Fitzgerald editou en 1859 dos Rubaiyat de Omar Khayyam. Seguir lendo Pessoa, persa
Galicia e os galegos na poesía castelá XLIX. Calderón
Román Arén. Non abondan as alusións a Galicia e aos galegos na obra de Pedro Calderón de la Barca (1600-1680), pero Xesús Caramés cita sete, que non se libran dos tópicos: a falta de sixilo, é dicir, sermos incapaces de gardar un segredo, a chamada “fe de gallego”, á que alude en El astrólogo fingido; o costume de rifar das criadas galegas en Fuego de Dios en el querer bien e en Cada uno para sí.
Esto es lo que cada día/las mozas gallegas hacen:/reñir porque no las riñan. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XLIX. Calderón
Lorca, oitenta anos despois da súa morte
Gonzalo Trasbach. Dos cristales de luz negra/ brillaban en su mirada./ En su boca relucían cristales de sombra blanca./ El pelo, noche sin luna,/ La tez oliva y naranja./ El gesto ensalmo gitano,/ La voz bordón de guitarra./ Y en el alma, ancha y florida,/ La Vega de su Granada/… Así arranca a “Elexía á morte de Federico García Lorca” que escribiu en 1938 Salvador de Madariaga (A Coruña, 1886-Locarno Suíza, 14/12/1986), un dos amigos galegos do poeta nado en Granada en 1898 e asasinado o 18 de agosto do 1936, un mes despois do levantamento militar contra o goberno constitucional da Segunda República. Seguir lendo Lorca, oitenta anos despois da súa morte