Galicia e os galegos na poesía castelá XLIX. Calderón

calderonRomán Arén. Non abondan as alusións a Galicia e aos galegos na obra de Pedro Calderón de la Barca (1600-1680), pero Xesús Caramés cita sete, que non se libran dos tópicos: a falta de sixilo, é dicir, sermos incapaces de gardar un segredo, a chamada “fe de gallego”, á que alude en El astrólogo fingido; o costume de rifar das criadas galegas en Fuego de Dios en el querer bien e en Cada uno para sí.

Esto es lo que cada día/las mozas gallegas hacen:/reñir porque no las riñan.

Volve repetir o tópico en No hay cosa como callar:

…Esto mismo/hacen las mozas gallegas:/entrar riñendo al principio/porque no las riñan.

En La dama duende a sátira vai contra o clima de Galicia:

Doscientos mil demonios/de su furia infernal den testimonios,/volviéndose inclementes/doscientas mil serpientes,/que asiéndome de un vuelo,/den conmigo de patas en el suelo,/del mandato oprimidos/de Dios, por justos juicios compelidos;/si vivir no quisiera sin injurias/en Galicia o en Asturias/antes de que esta corte.

O curioso é que na comedia Luis Pérez el gallego, con alusións a Salvaterra, faltan as citas negativas de Galicia, o que se explica pola liñaxe nobre do protagonista e non percibe os desdéns por Galicia, xa que se considera asimilado aos ideais da nobreza castelá, coa raíz no concepto da “fama”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *