Román Arén. Francisco de Quevedo Villegas (1580-1645) é un dos grandes poetas da lingua castelá e un prosista de inmenso léxico e capacidade satírica, un conservador tirando a reaccionario e un furibundo antisemita (o manuscrito da súa execración contra os xudeus consérvase na Coruña). Non coñecía Galicia, pero foi cabaleiro da orde de Santiago e fixo un memorial en defensa do padroado do Apóstolo a pedido do cabido compostelán. Non son moi frecuentes as alusións na súa obra en prosa ao noso país, país que ficaba lonxe da Corte e ao que era difícil o acceso. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XLVIII. Quevedo
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá XLVII. Carmen Martín Gaite
Román Arén. É Carmen Martín Gaite (1925-2000) unha das voces femininas importantes da narrativa española de posguerra. Eu coñecina por Entre visillos (1958), gañadora do Nadal, versión desencantada da clase media española, pero xa publicara El balneario en 1955. Logo, nos setenta, viñeron xa as súas obras máis maduras: Retahilas (1974), Fragmentos do interior (1976) e El cuarto de atrás (1978). Nos oitenta coñeceu o éxito con Caperucita en Manhattan (1988) e nos noventa con Nubosidad variable (1992), pero foi tamén moi aprezada por ensaios como Usos amorosos del siglo XVIII español (1972) e poeta, pois en 1976 editaría o poemario A rachas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XLVII. Carmen Martín Gaite
Pombas e flores. Poesía en voz baixa
Elisa Lobeira. O meu título alude, claro é, ao primeiro poema rosaliano de Follas Novas, do libro “Vaguedás”: “Daquelas que cantan as pombas i as frores,/todos din que teñen alma de muller./Pois eu que n’as canto, Virxe da Paola,/¡ai!, ¿de qué a terei?.” Versos rosalianos estes que tanto deron que dicir a todas as feministas: rexeitamento do gueto no que os homes (e algunhas mulleres) querían coutar as mulleres poetas. Comeza pois o “libro” primeiro de Follas novas, un “libro”, Vaguedás, metapoético, cunha pedrada na fronte do patriarcado. Pero, sempre hai pero, rosalía tamén cantou as flores e como exemplo de En las orillas del Sar: “En mi pequeño huerto/brilla la sonrosada margarita,/tan fecunda y humilde/como agreste y sencilla”. Seguir lendo Pombas e flores. Poesía en voz baixa
Galicia e os galegos na poesía castelá XLVI. José González Carbalho
Román Arén. Foi José González Carbalho (1901-1958) un poeta, xornalista, narrador e dramaturgo de orixe galega, autor de Campanas en la tarde (1922), El ángel harapiento (1937), Sólo en el tiempo (1943), Canciones de la primera noche (1946) e, xa póstumas, El río que no vuelve (1959) e Cornamusa (1969). Defendeu o galego en tempos difíciles e profundo admirador de Rosalía de Castro. Amigo de Rafael Alberti e de Pablo Neruda, autor de “Idioma y poesía gallega” (1953), visitou Galicia en 1935. En 1954 publicou Libro de canciones para Rosalía en Bos Aires. Tras o opúsculo de 1929, en galego, O meu homenaxe a Rosalía de Castro de Xoán Fernández Merino, é o segundo libro poético dedicado á autora de Cantares Gallegos, o terceiro publicárao Helena Villar Janeiro en 1985, Rosalía no espello. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XLVI. José González Carbalho