Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXI. Luis Cernuda

Las-Nubes-Desolacion-de-la-QuimeraRomán Arén. Cernuda rematou por ocupar un lugar central na poesía española do século XX, mais non sempre foi así e non hai máis que lembrar a frouxa, e ás veces negativa, recepción que obtivo o seu primeiro libro, ao que acusaban de depender en exceso de Jorge Guillén. Ás veces, cando pensamos en Cernuda facémolo como poeta amoroso, o poeta dos amores e praceres prohibidos, ou no poeta elexíaco e mesmo no poeta da nostalxia de España no desterro. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXI. Luis Cernuda

Xénese da palabra

687.tmpFidel Vidal. O navío da matéria,de António Ramos Rosa (Espiral Maior, 1994), velaí onde nace o verbo. Porque a xénese da palabra non está no home, fundado por ela. Tampouco agroma do ollal nin do espello, é na inclinación da opacidade onde a fenda -cavidade ficticia- se produce, vertendo todo canto recolle: a orixe da palabra reside na materia. Que a palavra sexa o puro sopro/ que aniquila e simplifica o rosto (p.67). Comeza na terra húmida, no espertar da mesma pola caricia quente do sol, ou na auga limpa, desfacéndose entre croios rio abaixo, ou no bater na rompente percebeira. Seguir lendo Xénese da palabra

Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX

9788412171921Román Arén. Non coñecín a poesía de Rodolfo Serrano, mais polo seu último libro, El frío de los días (2021), descubro que este é o seu décimo poemario e que músicos como Javier Nervio, Ismael Serrano ou Andrés Molina puxeron música a algúns dos seus poemas. O autor naceu en 1947 en Villamanta (Madrid) e foi xornalista, premiado polas súas crónicas parlamentarias editadas en <El País> e, ademais, gañou o Premio Mesonero Romanos pola súa colección de artigos “Historias de Madrid”. Fóra diso, publicou ensaios, novelas e libros de historia. No volume El frío de los días, subtitulado “Viejos tangos encontrados en una maleta”, atopo o poema “Noche en la aldea”, adicado a Valle-Inclán, ou, mellor, a Bradomín. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX

Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX

110464331Román Arén. A popularidade de Macías como amante e a súa lenda permiten afirmar que ata Rosalía de Castro foi ao poeta galego máis popular na literatura castelá, personaxe de dramas (Larra), novelas, e cantado por Juan de Mena, o marqués de Santillana, Rodríguez de Padrón, Guevara, Lope de Vega, Calderón, Quevedo, Garci Sánchez de Badajoz, Vicetto, Vázquez Queipo… Un dos que cita a Macías é o músico-poeta Gregorio Silvestre. Nado en Lisboa en 1520, en 1541 gañou a praza de organista da catedral de Granada. Amigo de Hurtado de Mendoza e de Barahona de Soto, é un poeta de transición entre a escola tradicional española e a escola italianista. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX