Xabier L. Marqués. (A Xesús Manuel Valcárcel) A auga que se estanca, como encharcada (non asolagada), e se imaxina océano, ou se finxe escuro mar interior. Auga e pedra, pedra e auga. Pedra engastada, non puída, pedra vella, reberetada de carrizo, pedra amarela, pedra cóncava e grisalla, pedra que amosa fachendosa as súas imperfeccións, pedra de engurras (pero sen dobras, nin pregues…, por seren cousas diferentes porque dependen das marés), pedra bicuda que se asoma ao xeito dos cabezos, pedra que non é aloumiño pero si lene gaduño, pedra burato, pedra gruta, pedra entrañábel, pedra pelve, pedra espazo…, pedra rexa e irta, pedra mol…, pedra poeira, pedra tornasol, pedra carrusel…, pedra remuíño (só de se estar a bañar unha píntega ou un cágado inquedo… Seguir lendo Canta meiguice!
Arquivo da categoría: Poesía
A loucura da avoa Dionísia
Fidel Vidal. Para Antonio Tabucchi, que cataloga a poesía de Pessoa como surrealista, a loucura aflora e desaparece, circula latente ou ao descuberto ao longo de toda a súa obra. “Na vida circula baixo varias formas. Xorde inicialmente na infancia solitaria, cando a través do imaxinario personaxe de Chevalier de Pas, o pequeno Fernando escrébese cartas a si mesmo; está presente na traxedia familiar antes de partir para Durban, pois a familia vese na obriga de hospitalizar a avoa paterna, aflixida por graves perturbacións mentais, nun hospital psiquiátrico de Lisboa; volve a aparecer na adolescencia surafricana coa creación do heterónimo Alexandre Search, o cal, evadido da dimensión da literatura e entrando na vida, intercambia correspondencia con Pessoa.” Seguir lendo A loucura da avoa Dionísia
Galicia e os galegos na poesía castelá XXXV. Víctor Luis Molinari
Román Arén. Se hai escritores hispanoamericanos que teñen orixe galega ou, directamente, naceron en Galicia e emigraron (José Blanco Amor, Victoriano Abente, Carlos Montenegro), non era o caso de Víctor Luis Molinari (Bos Aires, 1904-1980), un arxentino de orixe italiana que quixo ser galego e case o conseguiu, por iso Alonso Montero o denomina “un ligur na cultura galega”, Julieta Gómez Paz o inclúe en Galicia y la poesía (1988) e Neira Vilas escribe sobre “ Galicia en Víctor Luis Molinari”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXXV. Víctor Luis Molinari
Os innúmeros de Ricardo Reis
Fidel Vidal. Ter un nome equivale, tal como sucede no noso país, a levar connosco un documento (nacional) de identidade que o diga (por non falar dunha nómina), ou estar inscrito nun Libro de Familia. Un D.N.I. nunca construíu unha identidade. Os antropólogos traen novas de culturas onde a heteronimia forma parte natural da conduta humana. Seguir lendo Os innúmeros de Ricardo Reis