Román Arén. Cincuenta números da revista Alameda da Sociedade Liceo de Noia -en realidade 51, co número cero- e quince anos axudando a divulgar a historia, a arte, a literatura e todo aquilo que a península do Barbanza posúe como ben cultural.
Moitos colaboradores para unha iniciativa que inspira o xa falecido Xosé Agrelo Hermo e na que cumpren un papel fundamental Pedro García Vidal, Cándido Prego, Xerardo Agrafoxo, Alfonso Costa, Eva Veiga, Pastor Rodríguez, Xoán Mariño Reino, Domingo Campos e moitos outros que se foron engadindo á nómina desta revista. Seguir lendo Alameda, 50Revista


