Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá XXXIII. Julieta Gómez Paz

l2704-el-poema-y-su-mundo-julieta-gomez-paz-13683-MLA3427738958_112012-FRomán Arén. Hai, na literatura arxentina, un grupo de autores e autoras que teñen orixe galega e que mantiveron e manteñen con Galicia un vencello emocional: González Carbalho, F.L. Bermárdez, R. Mª Lijó, Moure e varios maís. É tamén o caso de Julieta Gómez Paz, con orixe en Mondoñedo pola súa nai, autora de poemarios como Canciones de tierra y sol (1939) ou Llanura (1940), de ensaios sobre Alfonsina Storni, e de traducións de Elizabeth Barret Browning. Visitou Galicia e desa viaxe naceu o poemario Galicia en el atardecer (1972), unha viaxe lírica e elexíaca que une na súa poética a realidade concreta coa paisaxe interior. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXXIII. Julieta Gómez Paz →

Albert Mockel

MOCKEL_AlbertRomán Arén. Cúmprense cento cincuenta anos do nacemento do poeta Albert Mockel, quen o fixo preto de Liexa en 1866. Tivo un papel moi importante no simbolismo belga en lingua francesa, aínda que el fose flamenco, sobre todo por medio da súa revista <La Wallonie>. Falecido en Bruxelas en 1945, a súa importancia como poeta reside no período que vai de 1890 a 1915, con obras como Chantefables un peu naives (1891), Clartés (1902) ou La Flamme inmortelle (1906). Foi tamén narrador, Contes pour les enfants d’hier (1908), pero a súa maior importancia veulle por ser o mellor teórico do simbolismo belga Seguir lendo Albert Mockel →

Pessoa: O suxeito como obra de arte

pessoa1Fidel Vidal. (Oh, non creades na unidade do home! Dostoiewski). Fernando Pessoa é unha das evidencias onde un especial tipo de alienación trócase xerme de liberdade: da liberdade do home en horas libres. Porque nas outras horas, nas horas chamadas de traballo ao servizo doutros, o autor non é libre: vive alienado nun labor alleo ao seu proxecto, alienado na rutina social do traballo. Seguir lendo Pessoa: O suxeito como obra de arte →

Un autor costumista

Xenaro Mariñas González
Xenaro Mariñas González

Pastor Rodríguez. Xenaro Mariñas González naceu en Noia en 1868, pero foi bautizado en Porto do Son. Destacado xornalista, chegou a dirixir a revista La Coruña Risueña, mais cultivou o galego en prosa e verso. Non foi autor de gran importancia como poeta, pois non logrou superar os tópicos xa moi luídos cando publica, pero os seus poemas apareceron en A Tía Catuxa, El Eco de Galicia, Aires da Miña Terra e A Nosa Terra. Colaborou tamén en La Ilustración Gallega, Mondeñedo, Las Mariñas, e outros xornais. Residiu varios anos na cidade de Lleida, e produto da súa relación foi o poemario Lleidatanas, que está inédito. Seguir lendo Un autor costumista →