Román Arén. En 1865 nacía en París o poeta Robert de Souza, un simbolista canónico que rematou por escribir libros sobre a cidade na que residía durante varios anos, Niza. Pero destacou na poesía con libros como Modulacións sobre o mar e a noite, de 1899, ou Himno ao mar, de 1908. Foi, ademais, paisaxista, preocupado por preservar os monumentos e paisaxes de Francia. Outros dos seus libros destacados foron Sources vers le fleuve (1897), Fumarelles (1894) e Les graines d’un jour (1901). Seguir lendo No 150 aniversario de Robert de Souza
Arquivo da categoría: Poesía
Xoguetes do tempo, de X.L. Franco Grande
X. Ricardo Losada. O poemario de X.L.Franco Grande Xoguetes do tempo comeza cunha cita de Ovidio: “Tempus edax rerum”. Unha cita que xa nos dá dous indicios importantes sobre o libro. Primeiro, o tema: unha persoa a piques de cumprir 80 anos reflexiona sobre a morte. Segundo, o ton e o clima: puro clasicismo. Porque aínda que Franco Grande coñece e utiliza con rigor e audacia técnicas poéticas do século XX, non renuncia á mellor calidade da poesía grecolatina: respectar a linguaxe como unha arma de comunicación e precisión, de busca da verdade que se quere expresar e compartir. Nin espaventos nin manierismos nin metáforas e imaxes sorprendentes. Franco Grande prefíreas gastadas, pero, aínda así (o que só os grandes poetas poden conseguir), fainas brillar. Seguir lendo Xoguetes do tempo, de X.L. Franco Grande
No herbar azur do ceo. No centenario de Teodoro Morgade
Román Arén. En 1915 nacía en Baio Teodoro Morgade Valera, que foi a Compostela estudar Farmacia, carreira que non puido rematar pois morreu afogado na Coruña en 1935. Tiña vocación literaria e os seus amigos (Marino dónega, Xenaro Mariñas…) reuniron os seus poemas en 1963 no folleto Cartafol, versos tirados da correspondencia do autor. Con el foise unha promesa da literatura galega antes de dar froito. Xenaro Mariñas despediuno o 10 de agosto de 1935 en <A Nosa Terra> e Marino Donega deu conta da súa figura na Gran Enciclopedia Gallega. Seguir lendo No herbar azur do ceo. No centenario de Teodoro Morgade
Rémy de Gourmont: un centenario
Román Arén. En 1915 morría en París Rémy de Gourmont, erudito, crítico, poeta simbolista e, sobre todo, magnífico prosista, aínda hoxe moi reeditado, quizais con Schwob e máis coñecido dos prosistas decadentes-simbolistas. Nacera en 1858 en Bazoches-au Houlme e viviu sempre co prolbema da súa pel, que o levou a vivir pechado anos para non ser visto. Como poeta destacou con Letanías da rosa (1892), Divertimentos (1912) ou Malas oracións (1900), nos que vencella a tradición decadente coa simbolista. Seguir lendo Rémy de Gourmont: un centenario