Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá XII. O poema do Cid

CantarMioCidtrz.fh11Román Arén. Un amigo benévolo, que le algunha das miñas divagacións, pregunta se tamén están os galegos no Cantar do Cid, o comezo da poesía castelá, o gran poema épico. É, claro está, unha pregunta irónica, pero é algo máis ca unha pregunta irónica ou retórica, é unha pregunta política. Ben sabida é a arela dun galego, un gran galego, o filólogo Menéndez Pidal, por querer levar o manuscrito do Cantar do Cid ao século XII, xa que logo algo anterior á poesía Trobadoresca, o que lle daría a primoxenitura sobre todas as literaturas hispánicas, é dicir, é a poesía castelá a máis antiga, a nai de todas as literaturas hispánicas. De xeito máis evidente: nacionalismo español (liberal) fronte a nacionalismos periféricos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XII. O poema do Cid →

Galicia e os galegos na poesía castelá XI. Juan de Mena

menaRomán Arén. Non sei se os lectores comúns de hoxe coma min, somos capaces de valorar a grande importancia que ten na poesía castelá Juan de Mena (1410-1455), o autor do Laberinto de fortuna, obra capital na literatura española do pre-Renacemento como Las soledades de Góngora o son para o Barroco. O prexuízo antigalego na literatura castelá é cousa, sobre todo, do século XVII e dende aí chegará aos nosos días. Antes da unificación do estado español non existen prexuízos lingüísticos. Existen prexuízos étnicos e políticos, pero non se manifestan case na escrita. As referencias a Galicia antes do século XII son case inexistentes e até o XVI abundan pouco. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XI. Juan de Mena →

Galicia e os galegos na poesía castelá X. Pablo Neruda

nerudaRomán Arén. Cando escribo “poesía castelá” sigo un criterio filolóxico e non político ou estatal, e inclúo así os que empregan esa lingua, e, xa que logo, os hispanoamericanos. Se falo de Neftalí Reyes quizais algúns ignoren que é o nome civil de Pablo Neruda (1904-1973), o Premio Nobel é un dos poetas máis famosos do universo literario, de tan amplo rexistro que nin os seus peores detractores políticos poden ignoralo. Poeta de maiorías con Veinte poemas de amor y una canción desesperada, poeta político no Canto General, defensor da República Española, comunista, aliado de Allende, senador, indiscutible autor de Residencia en la tierra. Cónsul de Chile en Barcelona en 1934 e en Madrid en 1935, onde fundou <Caballo verde para la poesía>, aquí editou Primeiros poemas de amor (1936) e en España naceu a súa filla Malva Marina. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá X. Pablo Neruda →

Galicia e os galegos na poesía castelá IX. Eugenio D’Ors

dorsRomán Arén. Non é fácil de explicar a figura humana e literaria de Eugeni D’Ors, polémica e versátil. Home fundamental na cultura e na política catalás até 1920, dende o ano anterior foi pasando á cultura castelá, cambiou de lingua (como Eugenio Montes entre nós), ingresou na Real Academia Española en 1927 e en 1937 pasou do catalanismo á Falange Española. Nacera en 1882 e obras como “A morte de Isidro Nonell” (1905), “Glosario” (1906) ou “A ben plantada” (1912) son obras capitais no chamado Noucentisme catalán, esa mestura de clasicismo e novidade, de catalanismo e cosmopolitismo. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá IX. Eugenio D’Ors →