Galicia e os galegos na poesía castelá X. Pablo Neruda

nerudaRomán Arén. Cando escribo “poesía castelá” sigo un criterio filolóxico e non político ou estatal, e inclúo así os que empregan esa lingua, e, xa que logo, os hispanoamericanos. Se falo de Neftalí Reyes quizais algúns ignoren que é o nome civil de Pablo Neruda (1904-1973), o Premio Nobel é un dos poetas máis famosos do universo literario, de tan amplo rexistro que nin os seus peores detractores políticos poden ignoralo. Poeta de maiorías con Veinte poemas de amor y una canción desesperada, poeta político no Canto General, defensor da República Española, comunista, aliado de Allende, senador, indiscutible autor de Residencia en la tierra. Cónsul de Chile en Barcelona en 1934 e en Madrid en 1935, onde fundou <Caballo verde para la poesía>, aquí editou Primeiros poemas de amor (1936) e en España naceu a súa filla Malva Marina. Moi vencellado á pintora galega Maruja Mallo, tivo amigos galegos en España e no exilio galego de América.

En Xaneiro de 1938 colaborou nunha revista do exilio galego en Bos Aires <Resol>, que levaba Arturo Cuadrado, na que publicou o poema “Tierras ofendidas” no que dedica dous versos a Galicia:

Caudalosa Galicia, pura como la lluvia,/salada para siempre por las lágrimas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *