Pastor Rodríguez. Natural de Boiro, fotógrafa, xornalista e poeta. Colaboradora de Barbantia, en 2007 foi incluída polo seu concello natal no Catálogo de Novos Creadores do Barbanza. Licenciada en Xornalismo, na universidade de Compostela vencéllase ás loitas sociais e políticas cunha visión independentista. En Ourense fórmase como fotógrafa artística na ESAD Antonio Faílde e xa na Coruña cursa un Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade. No ano 2014 recibe o primeiro premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia polo poemario Random. Do quotidiano e en 2015 gaña o Premio Fiz Vergara Vilariño con De como acontece o fin do mundo (2016) e logo o Premio de poesía Cidade de Ourense con Álbum (2020). Seguir lendo Charo Lopes
Arquivo da categoría: Poesía
E a dor a transitar polos país dos soños
Pilar Sampedro. “E a dor a transitar polo país dos soños”, foi a idea que me zumbou ao saber da morte de Darío Xohán Cabana. Porque ninguén quixera a terra tanto coma el, nin sequera Artur que a deixara perderse, entre orgullo e desvarío.
Volver a Galván en Saor é traelo de novo a esa gran ficción que bebe na materia de Bretaña e da fonte de Cunqueiro. Trasladar os cabaleiros á nosa toponimia, poñer a Merlín a residir entre nós, levar a Galván a Saor Seguir lendo E a dor a transitar polos país dos soños
Vangarda ule, de Manuel López Rodríguez
Román Arén. O noiés Manuel López Rodríguez (1978) gañou o II Premio de Poesía Eduardo Pondal con este breve poemario de vinte e cinco “sagrados”, outorgado por un prestixioso xurado formado por Luciano Rodríguez, Teresa Seara, Miguel A. Mato Fondo, Monteserrat Yoldi e Xulio López Valcárcel. Membro do Colectivo Sacou, fotógrafo, pintor e editor, é autor doutros poemarios como Rompe ou Desde onde non nace e gañador de premios como o López Ardeiro, o Concello de Carral ou o Suso Vaamonde. A unha temática amorosa inicial, non lonxe de certo neorromanticismo (“Voando arredor túa; amándote tanto, penetrando na / porosidade da vestimenta…” Seguir lendo Vangarda ule, de Manuel López Rodríguez
Premio Arume de poesía para infancia
Pilar Sampedro. O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi convocado este ano (o 21 de marzo, Día da Poesía) por parte da Fundación Neira Vilas e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) co patrocinio de Deleite.
A Fundación Neira Vilas convocou este premio e o Estornela de Teatro ao logo de oito anos (entre o 2001 e 2015), demostrando así que unha fundación no rural e pobre era quen de traballar compensando (ata onde lle era posible) as fallas das publicacións infantís. Seguir lendo Premio Arume de poesía para infancia