Román Arén. O novo poemario de Eva Veiga, o noveno dende que en 1993 publicara Fuxidíos, vén de gañar, e merecidamente, o XIII Premio Fiz Vergara Vilariño. Un chanzo máis nunha obra que é un esforzo continuo de depuración dunha poética en busca da maior esencialidade, pero sen buscar hermetismo que impida a comuñón co lector. Un labor para abrirse á luz sen esquecer o misterio da vida, ese lugar único no que a poesía, sendo comunicable, é un fulgor. Ninguén le adanicamente un libro e menos se xa coñece o resto da obra da autora, que xa dende os paratextos previos, Celan e Yeats, nos pon en camiño: luz e sombra, unidade e ferida, ser e nada. Corenta e sete poemas, en xeral breves poemas, no ronsel da poesía esencialista e valentiana, que converte a experiencia en algo máis que reconto bibliográfico. Seguir lendo Abrirse á luz
Arquivo da categoría: Poesía
Chafariz. Na poesía de Xabier L. Marqués
Antonio Piñeiro. Sobrepasar o cometido da escrita para abrir, quizais, a ventá a algures. A ventá universal, a paisaxe visible, audible e multidimensionalizada no pensamento poético. Transmutar a palabra en ventá ou en paisaxe. Transcender o significado. Musicalizar o nome, o substantivo. Todos eles semellan lugares comúns da poesía que, sen embargo, Xabier López Marqués, escolle non por iso, ou malia iso, senon por naturais. E non estamos a falar do axiomático. A poesía non ten axiomas, porque é unha mística. Xabier gusta moito, tamén, de tomar e falar dos poetas místicos. Seguir lendo Chafariz. Na poesía de Xabier L. Marqués
Mark Strand
Miguel Mariño. Morto en 2014, o poeta norteamericano Mark Strand (1934), que vivira varios anos en Madrid, ata que en 2013 volveu a New York por mor da enfermidade. Pintor de mérito, tradutor, nacera en realidade na illa do príncipe Eduardo en Canadá e comezou a ser recoñecido como poeta nos anos setenta. Pulitzer en 1999 e poeta laureado de EEUU. Ademais de ensaios, traducións e libros infantís, deixou doce libros de poesía, unha poesía a súa que el mesmo definía como “o eu, o borde do eu e o borde do mundo”. Foi un poeta moi persoal, o poeta da morte, do baleiro, da ausencia, pero aberto ao mundo. Ángel Rupérez definía a súa poesía como a dunha existencia fráxil e efémera, sempre preto do baleiro, chea de incertezas, nunha obra que, no fundamental, vai de 1968 a 2012. Seguir lendo Mark Strand
Paporrubio do cruceiro
Xosé Manuel Lobato. Os veciños e veciñas de Pazos teñen un gran motivo para a satisfacción e a inmersión nun orgullo contido. Día a día contemplan o seu centenario referente, un cruceiro en bo estado de conservación, agasallado coa frescura e delicadeza dos bastóns de santo Antonio, das vermellas rosas salvaxes e do perfumado azar. Empatía cunha obra de arte, un monumento pétreo que impasible saúda aos viandantes coa súa impasible serenidade. Este é un cruceiro belido no seu intrínseco mundo do silencio. A súa é unha lingua de profundidade e reflexión sostida no tempo. Seguir lendo Paporrubio do cruceiro