Gonzalo Trasbach. Este libro, de magnífica feitura, reúne nas súas máis de 400 páxinas seis anos de poesía salvaxe, é dicir: libre. Recolle, pois, unha colleita poética que unha vez cada primavera durante unha semana sementaron centos de poetas de moi distintos lugares da xeografía ibérica na cidade de Ferrol. Resoan nos prados desta antoloxía, ilustrada con fotografías dalgúns dos protagonistas, voces de diferentes rexistros fonéticos, libres coma o vento cando asubía ou ronca no medio do piñeiral, de texturas e estilos poéticos moi diversos. Seguir lendo Escolma de poesía salvaxe. Ferrol, 2007-2013
Arquivo da categoría: Poesía
Paseos por París
Román Arén. A descrición de París, os paseos pola capital francesa, son case un xénero literario, con formas distintas: poesía, novela, ensaio… Un xénero que dalgún xeito inaugura Baudelaire co Spleen de París e que conta con nomes como Victor Hugo, Walter Benjamin e o Libro das pasaxes, Apollinaire e O paseante das dúas beiras, Breton en Nadja, Green en París, Patrick Modiano, Léo Mallet, o Hotel do Norte de Dabit, Boris Vian, o Maurice Sachs de París Canalla ou Franz Hessel. Sempre que se queira ler o mellor deste xénero, sen dúbida non se pode esquecer Le piéton de Paris (1939) de Léon-Paul Fargue (1876-1947), que agora aparece en español na editorial Errata Naturae, en tradución de Regina López Muñoz e con prólogo de Andrés Trapiello. Seguir lendo Paseos por París
A poesía de Gertrud Kolmar
Elisa Lobeira. Unha das pequenas xoias de El Acantilado é Mundos (1999), de Gertrud Kolmar, xudía 1894-?), curmá de Walter Benjamin, filla dun avogado xudeu xentilizado. Non quixo fuxir dos nazis, ficou en Berlín con seu pai, e en 1943 foi deportada a Auschwitz, onde quizais morreu, ou quizais no transporte ao leste. Este libriño foi escrito en 1937 e amosa a fase máis depurada da súa poesía. Non tivo boa sorte esta tradución de Berta Vías, pero merecía ter sido máis lida. Para os alemáns forma parte da mellor tradición da poesía feminina escrita por xudías (Elsa Lasker-Schüler, Nelly Sachs). A obra publicouse en 1947 grazas ao interese do seu cuñado Peter Wenzel. Foi traducida ao francés en 2001 e non estaría de máis pór algúns dos poemas en galego. Seguir lendo A poesía de Gertrud Kolmar
Poesía de antes escrita mañá nun libro singular
Eme Cartea. Un libro singular (poesía, fotografía e análise xornalística) sobre fondo compostelán. Observación, documentación e vivencia dunha cidade que é aldea global e referencia cultural. Tres voces para un coro que, a pesar dos contrastes, soa afinado. Unha longa metáfora polisémica e intimista. Unha biblia didáctica en pedra que nos puíu emocionalmente.
Poesía senlleira e profunda, luxuriante e intensa. Poesía cuberta por sete veos que un lector seducido, vai «desvelando» entre a aparencia e a tensión do invisible, ata que o matiz se desprega nun novo poema. Seguir lendo Poesía de antes escrita mañá nun libro singular