Román Arén. Son moitas as eivas que ten a cultura galega no labor de “anosar” a literatura universal, no eido das traducións. Penso sinceramente que a A. C. Barbantia cumpre un deber abrindo o seu armario, de índole comarcal, á literatura universal. Xa Torga e Rivas escribiron que o universal é o local sen paredes. E así no número 9 do Anuario de Estudos do Barbanza aparece traducido ao galego, magnificamente, da man de Eme Cartea, un autor francés do século XIX, Aloysius Bertrand, que, como é ben sabido, foi un elo imprescindible na modernidade, o verdadeiro creador do poema en prosa que lle abrirá os ollos a Baudelaire, e así o recoñecía o autor do Spleen de París, Seguir lendo Bertrand, Cartea, Cunqueiro
Arquivo da categoría: Poesía
Haikus Zen. Un descubrimento
Román Arén. Lonxe nos queda Xapón e lonxe a súa literatura, aínda que agora contemos con algunha tradución directa, porque as máis antigas están feitas a través do inglés e do francés. Ben sabido é que o “haiku” é moi representativo da literatura nipona (por certo, en Xapón segue a haber grandes poetas en chinés) e que logo se estendeu a moda, o influxo se queredes, por Europa e por América (J.J. Tablada), sen que falten entre os galegos (Helena Villar, Miro Villar). José Olañeta, o editor mallorquín, leva tempo editando a un grande autor xaponés: Natsume Soseki (quizais en Occidente debería polo ao revés, pois Natsume é apelido), é dicir, Natsume Kinnosuke (1867-1916). Seguir lendo Haikus Zen. Un descubrimento
Charles Bukowski, Os praceres do condenado
Eme Cartea. Charles Bukowski, novelista e poeta estadounidense, nace en Alemaña en 1920. Con tres anos parte con seus pais para EE.UU e residirá case sempre en Los Ángeles (onde morre en 1994), cidade talismán que exerce unha poderosa influencia na súa obra.Escritor prolífico, polémico, cualificado por algúns como o representante do”realismo sucio”, por outros do “naturalismo burlesco”, e mesmo emparentado coa Xeración Beat. É, sobre todo, un autor independente.Un “minimalista” sobrio, conciso e preciso. E mesmo en poesía, os seus personaxes son vulgares e correntes, cheos de contradicións. Seguir lendo Charles Bukowski, Os praceres do condenado
Respiración mecánica e outras velocidades femininas, de Alm@ Pérez
Mariña Pérez Rei. A velocidade cibernética, pero co tempo lento das froitas serodias, nace o libro de poemas da artista dixital Tina Escaja, ou do seu alter ego, Alm@ Pérez. A autora, orixinaria de Zamora, reside nos EE UU onde exerce como docente na Universidade de Vermont. O seu magnífico Respiración mecánica xa fora anteriormente publicado en forma de e-book en Badosa. Preséntase agora como Respiración mecánica & VeloCity. Amósase nesta nova vertente coma un libro multilingüe resultado do esforzo común da súa autora (cuxo orixinal en castelán foi traducido en primeira instancia ao éuscaro pola poeta Itxaro Borda) e das autoras Maria Cinta Montagut e Mariña Pérez Rei, que o traducen respectivamente ao catalán e ao galego. Seguir lendo Respiración mecánica e outras velocidades femininas, de Alm@ Pérez