Fidel Vidal. Italo Calvino (Por que ler os clásicos?) pregúntase polo libro que le Hamlet cando entra en escena no segundo acto. Á pregunta de Polonio, “Que ledes, señor”, Hamlet contesta: “Palabras, palabras, palabras”. Mais, que sería do home sen palabras, sen a palabra que o di ou sen a verba que o nomea? Que comunica máis, un rosario de palabras ou unha mirada tenra? No caso de Hamlet, estamos a falar dun libro, da palabra escrita, do verbo silencioso produtor de imaxes e dúbidas, da reflexión última transferida e transmutada por dupla ou tripla vía: Arriba cerebro! Seguir lendo O libro que le Hamlet
Arquivo da categoría: Teatro
Hamlet: loucura ou ficción?
Fidel Vidal. A suposta loucura de Hamlet é unha simulación ou toleou verdadeiramente? De ser así, por que toleou Hamlet? Que trazos amosa para podermos elaborar esa diagnose? Ou trátase, como a totalidade da obra, dunha farsa? Dentro das posibles causas que puideron orixinar a loucura de Hamlet apuntamos as seguintes:
1. A morte do pai. Un trauma non só pola morte en si do seu pai senón polas circunstancias (con engadidos criminais e sexuais) que rodean esa morte. E como resultado: unha depresión melancólica con ideas autodestrutivas? Seguir lendo Hamlet: loucura ou ficción?
Crime e suicidio
Fidel Vidal. Unha vez mortos os seus pais, tamén falecen Edipo e Hamlet: Edipo faino simbolicamente, castrándose mediante a cegueira –perda de ser, morte psicolóxica, para non ver nunca máis-, e Hamlet falece dunha ferida envelenada. No caso do Don Hamlet de Cunqueiro, trátase dunha morte por decisión propia, aforcándose. A nai é o lugar da demanda de amor e dá valor a todo canto se relaciona con ela. Non hai cousa ningunha que non estea ligado á súa figura. Pola contra, o rei, se non vén da man da nai, apenas se é un obxecto, unha nimiedade, algo ben cativo, unha insignificancia. Seguir lendo Crime e suicidio
Os cans non comprenden a Kandinsky

Alberte Pagán. Se a definiçom de actriz é aquela persoa que finge que nom está a fingir, daquela AveLina Pérez nom é actriz. Porque AveLina Pérez curtocircuita o fingimento e simplesmente está, simplesmente é ela sobre o cenário, sem artifícios, sem personages, sem máscara. Lina Pérez é a sua própria personage, ou (re)cria-se a si mesma como personage ante o público.
Mas AveLina Pérez é umha mulher de teatro, até o cerne, e o que semelha natural e espontáneo e improvisado está profundamente trabalhado e meditado e ensaiado; mas sem fingimentos, com verdade. Seguir lendo Os cans non comprenden a Kandinsky