Arquivo da categoría: Teatro

O delito como destino

cainFidel Vidal. O primeiro asasinato da historia da humanidade foi cometido por un labrego chamado Caín, primoxénito, que mata por celos o seu irmán, o pastor Abel. O día en que ambos os dous levaron ofrendas ao Señor, este aceptou soamente as primicias do gando de Abel rexeitando os froitos de Caín. Caín montou en cólera –debido á envexa causada pola decisión do Señor- e matou a Abel. Ao pouco o Señor, como se non o soubera, pregunta cinicamente:

-Onde está o teu irmán Abel? Seguir lendo O delito como destino

O Edipo de Sófocles

resumen-del-libro-edipo-reyFidel Vidal. A historia de Edipo comeza no criminal e severo trauma (físico e psicolóxico) dun neno a mans de quen debería protexelo e coidalo: o seu pai e a súa nai (biolóxicos). O neno Edipo –nacido de Laio e Iocasta, rei e raíña de Tebas, advertidos polo oráculo de que o seu fillo está destinado a matar o seu propio pai-, é mutilado atravesándolle os pés cun cravo coa intención de o asasinar. Salvado por un pastor, posteriormente foi criado polo rei e pola raíña de Corinto aos que considera os seus verdadeiros pais. E son en realidade os seus verdadeiros pais; os outros só o concibiron: o feito de ser xenitor(a) non configura unha paternidade, nin sequera unha maternidade. Mais alguén fai dubidar a Edipo sobre o seu futuro e consúltao no Oráculo de Delfos. Seguir lendo O Edipo de Sófocles

Tres (ou catro) obras e un complexo

edipoFidel Videl. O interese desta achega pretende non tanto entender o Edipo como complexo senón  comprender a Edipo como home, e así acadar un mellor entendemento e, se cabe, máis claridade sobre o coñecido complexo. Estaba ben lonxe Sófocles da que lle ía armar Freud ao pobre Edipo co seu complicado nó arredor do falo Seguir lendo Tres (ou catro) obras e un complexo

Galicia e os galegos na poesía castelá L. Agustín Moreto

MoretoRomán Arén. É, Moreto, un dos dramaturgos importantes do século de ouro español, con bo dominio do verso, aínda que é pouco orixinal, pois é sobre todo un adaptador ou refundidor, que ten os seus modelos en Lope de Vega e Guillén de Castro. Madrileño de orixe italiana, naceu en 1618 e faleceu en Toledo en 1669. Pertencía ao clero, pero foi un dramaturgo profesional, coñecido por obras como El desdén con el desdén (1652), Los engaños de un engaño e El lindo Don Diego. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá L. Agustín Moreto