Arquivo da categoría: Teatro

De amos e escravos: a servidume

8662-a-jatszma-vegeFidel Vidal. Os adornos, coma os ritos e os complementos, son quen de sinalar aquel que posúe o poder. Hamm conta co trono (unha cadeira de rodas necesitada dun engraxe de aceite de vez en cando, unha especie de `papamóbil´ tirado por Clov), non lle falta a coroa (un solideo propio de xerarquías e príncipes da igrexa) e pode presumir do toisón de ouro colgado ao pescozo (o chifre). E o máis importante de todo: os súbditos, nesta ocasión un único supeditado e in/satisfeito servo. O criado, no seu papel, ademais de o manter -ou mantéñense (sopórtanse) ambos os dous, amo e criado, nunha sobrievida, nunha sobriedade e nada natural vida- é o encargado de o sinalar converténdoo nunha persoa importante. Seguir lendo De amos e escravos: a servidume

Quen é o patrón?

3227334752511176Fidel Vidal. O patrón, do latín patronus, derivado de pater, noutrora era sinónimo de protector, mais nós querémoslle dar uso desde unha perspectiva ligada ao poder e á opresión, como patrono, como amo. Nun formato semellante e inspirado no personaxe de Padre Padrone de Gavino Ledda, do que hai que se liberar. Sendo ben fácil identificar o patrón, a liberación non resulta doada. Nunca o foi.

“O home integral, absolutamente libre, definitiva e completamente satisfeito co que é, o home que se perfecciona e se completa en e por esa satisfacción, será o Escravo que ‘suprimiu’ a súa servidume. Seguir lendo Quen é o patrón?

“Doppelgänger”, teatro e libro

DoppelgangercapaPilar Sampedro. Unha obra de teatro escrita por Paula Carballeira e publicada por Edicións Positivas, na colección DiTeatro. Un espectáculo internacional creado pola compañía galega Berrobambán xunto á compañía colombiana El arca de N.O.E. e coproducido polo Centro Dramático Galego. A obra toma o seu título do alemán doppelgänger, un termo que foi acuñado polo novelista Jean Paul en 1796, e que significa “o dobre que camiña ao lado”. Seguir lendo “Doppelgänger”, teatro e libro