Fidel Vidal. Resulta inevitable recordar o cínico e infame anuncio, a tristemente famosa frase Arbeit macht frei, “O traballo faravos libres”, a insultante lenda forxada e instalada á entrada do inferno de Auschwitz. A historia, segundo Hegel, vén marcada pola desigualdade entre os seres humanos, inscrito no vello problema dialéctico do amo e do escravo. Seguir lendo Amor e alegría no traballo
Arquivo da categoría: Teatro
Enredos da fala
Fidel Vidal. A escritura, segundo Barthes, “é unha realidade ambigua: por unha parte nace, sen dúbida, dunha confrontación do escritor coa sociedade; por outra, remite ao escritor, por unha sorte de transferencia tráxica, desde esa finalidade social até as fontes instrumentais da súa creación” (Roland Barthes. O grao cero da escritura). Son as fontes instrumentais no xogo dunha partida a piques de rematar. Un xogo (o da fala) comezado antes da presenza dos personaxes que se van enfrontar. A partida e a fala. A partida da fala, por non falar da parida, da fala parida ou da parida falada. Até dar co absurdo como unha das máximas expresións creativas (crédemo) e mesmo éticas, quer dicir, poéticas. Seguir lendo Enredos da fala
De trapos e atrapados
Fidel Vidal. Estamos a falar de sabas, dos panos e trapos que aparecen na obra de Beckett Fin de partida. E de dúas cortinas corridas nos dous ventanucos altos das paredes laterais do refuxio desde onde é (im)posible ver o exterior. Seguir lendo De trapos e atrapados
Nada que dicir
Fidel Vidal. Non está na nosa intención comprender nin tirar ningunha sorte de simboloxía de Fin de partida por temor á maldición expresada polo autor, Samuel Beckett: “Honni soit qui symboles y voit” (“Maldito sexa aquel que aí símbolos vexa”). Aceptamos o consello por convicción e por medo ao cumprimento da malévola advertencia. Seguir lendo Nada que dicir