Fidel Vidal. Que significa natureza? De primeiras pensamos na bioloxía, no puramente biolóxico, na fisioloxía dos organismos, sen outra manifestación que o seu funcionamento: sen discurso engadido que o relate. Este, o discurso, vai formar parte dunha novidade cualitativa que responde á identificación exclusiva do ser humano como tal. O discorrer do verbo ao que fica enganchado mesmo antes de nacer, como evidencian as palabras expresadas polos seus proxenitores dentro da ilusión dun desexo. Desde ese instante establécense lazos, incluídos os que se apuntan como nomes posibles cos que apadriñar os seus descendentes. Seguir lendo Unha natureza sen dentes
Arquivo da categoría: Teatro
O absurdo como obsesión
Fidel Vidal. Confesándome negado para a música, a nova dun evento cultural como o acontecido en Milán coa estrea da ópera Samuel Beckett: Fin de partida do húngaro Kurtág (Teatro alla Scala, 12 de novembro, 2018), convídame a reflexionar sobre algúns aspectos para min relevantes. Seguir lendo O absurdo como obsesión
Comezo de partida: Beckett-Kurtág
Fidel Vidal. Samuel Beckett escribía as obras de teatro en francés e despois pasábaas ao inglés. Estranxeiro na súa lingua ao renunciar da lingua materna: “A miña propia lingua aparéceseme como un velo que debe ser esgazado para chegar ás cousas ou á nada detrás del… Perforar un burato tras outro na linguaxe, até o que agrome por detrás –sexa algo ou nada- comece a filtrar”. (Carta alemá, S. Beckett, 1937). Se tardou un mes en rematar Esperando a Godot, necesitou dous anos para a súa outra notoria e non menos emblemática Final de partida. Estamos ante a final dunha competición, dunha partida de xadrez na que só quedan catro pezas. Seguir lendo Comezo de partida: Beckett-Kurtág
Don Hamlet, colgado ou suspendido?
Fidel Vidal. Non abonda con amar. Nada diso. É necesario dicilo, expresalo. E xamais renunciar nin ao amor nin ás palabras que o din. Velaí a diferenza entre o amor como afecto e o amor como paixón.
HAMLET.- ¿Que é amor? Ofelia, Amor é seguirte. Seguir lendo Don Hamlet, colgado ou suspendido?