Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Moscas

moscasAntón Riveiro Coello. Non vou aplaudir os actos contra o turismo que se están a levar a cabo en diversas cidades; son feitos máis que rexeitables nunha sociedade democrática coma a nosa. Pero si quero defender o dereito a protestarmos contra algúns tipos de turismo porque non é ouro todo o que reloce. Adoitamos xustificar todo coa riqueza económica. Por iso, queixarse de que na túa vila o turismo está a estragar o mellor do entroido pode parecer a arroutada dun aburrido ou de alguén que non ten negocio ou carece de orgullo local. Seguir lendo Moscas

Inventos

fellatAntón Riveiro Coello. Se un bota unha ollada á prensa é doado bater con novas sobre aparellos intelixentes que unhas veces nos facilitan a vida e outras nola complican. Estes días reparei en dúas notas curiosas: por unha banda, en Londres abren un café con varios robots que lles farán unha felación aos clientes mentres estes degusten un cortado ou un capuchino; o local seica se chama Fellatio Café. Seguir lendo Inventos

A felicidade

felicidadeAntón Riveiro Coello. A felicidade para un meu veciño estrafalario consiste en xantar un cocido no verán na casa da nai e despois tomar un coñac deitado ao sol. A isto engádelle o que xa sería a gloria: tocar nunha orquestra e morrer en plena actuación en calquera festa. Algúns non somos tan rebuscados e abóndanos con ler un libro á sombra dunha árbore escoitando o fragor eufórico da marea sobre a area da praia. Seguir lendo A felicidade

Indiferentes

indiferenteAntón Riveiro Coello. Estes días, co peito encollido, vin a crueza dun vídeo que rexistra en China o dobre atropelo dunha muller que remata morrendo porque ninguén a socorre. A violencia das imaxes é extrema. E a frialdade deses transeúntes que pasan ao carón da vítima, ignorándoa, ergueu en min unha furiosa indignación e, ao mesmo tempo, unha dúbida. Que fariamos nós se vivísemos nesa sociedade asiática? Ignacio Echeverría, o heroe do monopatín, con certeza axudaría a muller e evitaría o segundo atropelo que lle apañou a vida. E nós, seriamos quen de o facer? Non é unha pregunta doada de contestar. Eu mesmo, lémbrome de neno, camiñando cuns cromos na man, cando, de súpeto, un home se debruza no chan e provoca a alarma da muller que vai con el. Seguir lendo Indiferentes