Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Amores que matan

amores que matanAntón Riveiro Coello. O exceso de cariño pode matar. Hai un par de anos, a edición do Barbanza deste periódico facía unha enquisa dixital para ver a quen da comarca se lle podía dedicar o seguinte Día das Letras Galegas. Para a miña sorpresa, e susto, aparecín alí, canda Faustino Rey Romero, Pepe Agrelo e outros escritores mortos. A incredulidade non tardou en mudar en comprensión e gratitude cara a quen, ignorando o sistema de escolla do homenaxeado, me incluía na terna de candidatos. Seguir lendo Amores que matan

De plaxios e citas

plaxioAntón Riveiro Coello. Quen non fala pola boca dos demais? Semprún dicía que as citas son as muletas dun pensamento coxo e inseguro, coma o meu, ou coma o dese político local que abría os seus discursos coa frase: “Churchill e mais eu pensamos…”, un xeito inocente de validar unha prédica da que o escritor e estadista británico non era responsable. Seguir lendo De plaxios e citas

Escándalo

carteles-carnaval-coruna-2017-2_gAntón Riveiro Coello. O escándalo vai barato para a xente que se leva mal coa ironía e a diversión. Vendo a polémica do cartel de entroido que obriga o concelleiro de Culturas da Coruña a declarar diante dun xulgado, non deixo de cavilar en cantos en Xinzo estarían presos por ofender toda clase de sentimentos, non só relixiosos, por mor dunha festa que existe precisamente para iso, para ser irreverente. A denuncia da Asociación de Viúvas de Lugo é tan ridícula que non tería maior importancia se o xulgado de Instrución nº 3 da Coruña non abrise as pescudas, ameazando así un ben tan prezado como a liberdade de expresión. Seguir lendo Escándalo