Antón Riveiro Coello. A literatura é unha creación individual e, ao ser produto da imaxinación, pode ir máis alá dos límites das obras científicas, que, nun principio, si están supeditadas polas obras precedentes, por eses referentes que as alimentan, pero que tamén as coartan. A historia escrita si ten unha fronteira deontolóxica que é precisamente o documento do que non pode prescindir e que non nace nunha realidade imaxinada, senón como testemuña referencial de algo externo. Seguir lendo A historia imaxinada (I)
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Verdade histórica e literaria
Antón Riveiro Coello. Seguindo os esquemas máis ríxidos da historia poderiamos dicir que esta é o testemuño certo da realidade, mentres que a literatura non é outra cousa que a súa falsificación. Deste xeito, tendo a realidade como pano de fondo, o saber histórico sería un coñecemento da certeza, unha disciplina da verdade, e a literatura unha das maneiras máis claras da mentira e da imaxinación. Pero afondando un pouco, é doado chegarmos á conclusión de que os conceptos de verdade e mentira non operan do mesmo xeito nunha e noutra. Seguir lendo Verdade histórica e literaria
O pai
Antón Riveiro Coello. O vello do quinto era home ruín e desprezable. O seu rostro lívido tiña un agoiro de mortalla. E esa mirada encoveirada, esas pálpebras inflamadas de insomnio, esas engurras que se trazaban severamente no seu rostro, facían que o esqueleto implorase dentro del cada vez que a rabia lle contraía os músculos e cinguían a súa boca nunha expresión de noxo. A súa mala educación era coma unha vestidura negra, e as poucas palabras que gastaba co seu fillo eran un reproche sucesivo, o refinado cálculo da súa insolencia. Seguir lendo O pai
Monte Condón

Antón Riveiro Coello. A vontade popular fai mudar moitas veces os nomes dos lugares dun xeito estraño. No concello de Boiro, Servia, Corea e Exipto están nun raio de poucos quilómetros. O caso de Servia vén de lonxe, pero o de Corea xurdiu non hai moito, e o de Exipto, que tiña a orixe na virxe da Nosa Señora de Exipto, acabou por ter a súa versión profana cunha pirámide chantada no medio dun parque, ocorrencia política que fica aí como algo absurdo e trapalleiro. Seguir lendo Monte Condón