Antón Riveiro Coello. O xene da chuvia (Ediciós do Castro, 2005), supuxo a aparición dun novo escritor rianxeiro, de vocación tardía, pero cunha voz ben interesante. Tratábase de X. Ricardo Losada, un profesor de filosofía, amante da literatura. Ese libro de relatos era unha pequena alfaia con algunha miniatura antolóxica, reveladora dun estilo fresco, anovador, moi necesario na nosa literatura, por veces, solemne de máis. Dende entón, X. Ricardo Losada participa e medra como escritor en publicacións promovidas por Barbantia e, case todas as semanas, agasalla con textos medidos, que xogan co xornalístico, o literario e o filosófico, sempre baixo o prisma dunha fina ironía. Seguir lendo Unha biografía exemplar
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
A fascinación do vaqueiro
Antón Riveiro Coello. Cando eu era rapaz e vivía nas Casas Baratas de Xinzo, un dos xogos preferidos era o de indios e vaqueiros. O noso mundo estaba nesas películas do oeste americano que viamos en sesión infantil no cine Maricel e que logo intentabamos emular con acenos duros e as nosas pistolas de pau. Pero o que máis sabía do Oeste era o Xosé, un nada maior ca nós, que consumía os días lendo noveliñas de Silver Kane ou Marcial Lafuente Estefanía, coma se xa fose consciente de que axiña ía morrer. E, efectivamente, o Xosé morreu de cancro sendo un rapaz, aínda que eu, na miña imaxinación hiperbólica, sempre preferín imaxinar que morrera por unha bala perdida de Billy O Neno. Seguir lendo A fascinación do vaqueiro
A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro
Antón Riveiro Coello. Hai libros prescindibles e outros que se fan necesarios. En determinados momentos, alguén ten a inspiración ou detecta esa falta. Tal é o caso d’A identidade fascinada de Antonio Piñeiro, unha emotiva homenaxe aos anos universitarios dos oitenta en Compostela, vividos por esa xeración nacida nos sesenta, que ocupou a cidade para estudar e tamén gozar desas noites sucesivas e desa ansia de liberdade, a primeira xeración do pracer propiamente dita. Moitos dos que formamos parte dese desembarco masivo en Compostela, non tivemos a sorte, por idade, de vivir a experiencia política dos anos setenta, pois cando Franco morreu apenas eramos uns nenos. Seguir lendo A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro
Estación París-Texas
Antón Riveiro Coello. Os tres de abril sempre poño a película para o lembrar. Aínda arde na miña memoria a nova: «un home tira a vida na rúa do Vilar». Cego as luces do salón para fomentar a penumbra fría do cine e ollo para esa viaxe secreta de Travis coma se estivese a aloumiñar un delirio. Seguir lendo Estación París-Texas