Antón Riveiro Coello. Non sei realmente cales son os motivos que levan a unha boa parte da crítica española a falar desta novela coma unha obra mestra, cando para min está lonxe de ser tan sequera unha boa novela, se é realmente unha novela, que tampouco o teño tan claro. Non entendo esa euforia, a non ser que se estea a celebrar máis que o texto a volta efectiva dun autor que leva uns anos moi lonxe de acadar o nivel das primeiras obras. Dóeme dicir isto porque para min o primeiro Julio Llamazares era un dos autores máis interesantes da narrativa española dos últimos trinta anos e a súa literatura era moi doado anosala non só pola temática senón tamén pola proximidade dos seus mundos xeográficos e emocionais. Seguir lendo A mesma forma de mirar a auga
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Tangerines, de Zaza Urushadze
Antón Riveiro Coello. Esta coprodución estoniana-xeorxiana amosa o encontro cultural entre dous países que hai tempo recuperaron a independencia da Unión Soviética. Está ambientada na guerra de Abjazia (1992-93) e amosa o conflito entre chechenos e xeorxianos. Pero a película céntrase en Ivo, un carpinteiro estoniano que vive nunha aldea canda o seu amigo Margus, que se dedica á recolleita de mandarinas, e ambos os dous, xunta o médico da aldea deciden quedar e seguir facendo vida normal durante a guerra e diante do abraio dos milicianos que se enfrontan entre eles. Un día, despois dunha incursión sanguenta, estes estonianos socorren a dous combatentes inimigos entre si, un checheno e un xeorxiano, e lévanos para a casa de Ivo, onde comeza unha difícil convivencia. Seguir lendo Tangerines, de Zaza Urushadze
Apoteose das perchas, un divertimento napolitano
Antón Riveiro Coello. Xesús Constela (Ferrol, 1963) é un escritor con oficio que, aínda que non ten unha obra extensa, si nos ten dado pequenas e significativas alfaias que salientan, sobre todo, unha ollada diferente e moi, moi orixinal. Entrou pola porta grande da literatura galega tras acadar o Premio Torrente Ballester de Narrativa e o Premio da Crítica Española cun dos grandes libros de relatos deste século As humanas proporcións (Galaxia). Publicou despois un libro dedicado aos seus fillos O libro das alquimias (Galaxia) e no 2008 apañou o García Barros de Novela con Shakespeare destilado (Galaxia), un interesante monólogo metafórico que enreda coas convencións da tradición literaria con humor e de xeito coloquial. Seguir lendo Apoteose das perchas, un divertimento napolitano
O cerebro de Andrew, de E. L. Doctorow
Antón Riveiro Coello. Sempre gustei máis de follear os libros que de ler a contracapa onde moitas veces, sen reparo, descóbrennos unha boa parte do argumento e as claves da novela. Libros coma os de Salamandra ou Anagrama, por poñer dous exemplos significativos, adoitan levar moita información e non é a primeira vez que se lles vai a man. Por iso, case nunca leo as contracapas, o que converte o feito da lectura nunha aventura maior e, asemade, nunha rede de decepcións e fracaso pois bo número de novelas fican pola metade. Outros libros, coma o que hoxe traio aquí, conteñen pouca información na contracapa e fan unha exposición atinada que non interfire na lectura. Seguir lendo O cerebro de Andrew, de E. L. Doctorow